Novas da Secretaría

FONDOLIBROS: PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS

Xa están publicadas as listaxes definitivas de Fondolibros.
Poden consultalas telematicamente, entrando con Chave365 ou con certificado dixital na aplicación Fondolibros, ou presencialmente no taboleiro interior do centro, en horario de 9:00 a 14:00 durante o mes de xullo e de 10:00 a 13:00 durante o mes de agosto.


No arquivo adxunto poden consultar a listaxe de libros actualizada do curso 2022-23 e comprobar que outros libros precisarán ademais dos que lles conceden en préstamo.


Os libros de préstamo repartiranse ao alumnado cando empecen as clases.
Os vales para material escolar están en proceso de elaboración. Cando estean disponibles enviarase un aviso para que os poidan retirar. Os que non sexan retirados polas persoas solicitantes (pais, nais, responsables legais) daránselles ao alumnado cando empecen as clases.

FONDOLIBROS: PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS

No día de hoxe publicáronse as listaxes provisionais de admitidos e excluídos para as axudas de libros.

Poden consultarse telematicamente na aplicación Fondolibros, identificándose con certificado dixital ou Chave 365, ou presencialmente, no taboleiro interior do instituto en horario de 9:00 a 14:00.

Deben comprobar que a cantidade de libros que lle asignan corresponde co nivel da renda familiar. É importante que se algún membro da familia non marcou na solicitude que ten discapacidade do 33% ou por enriba nolo comunique.

En caso de detectar algún erro, teñen 10 días para avisar no centro e corrixilo. O 22 de xullo publicaranse as listaxes definitivas e daquela saberán os libros concretos que lles corresponden.

LISTAXE DE LIBROS DO CURSO 2022/2023

No documento adxunto poden consultar os libros que se empregarán no curso 2022/2023.

Antes de realizar ningunha compra lean detidamente o apartado de "Observacións" xa que nalgunhas materias se indica expresamente que se espere a setembro.

No caso da ESO, lembren que as listaxes provisionais de beneficiarios e beneficiarias de Fondolibros se publicarán o 11 de xullo e as definitivas o 22 de xullo.

Actualización: a listaxe de libros foi modificada incluíndo os ISBN dos libros que faltaban na primeira versión e cunha observación sobre o libro de Lingua Castelá de 2ºESO.

CALENDARIO DE RECLAMACIÓNS DAS CUALIFICACIÓNS E DAS DECISIÓNS DE PROMOCIÓN E OBTENCIÓN DO TÍTULO ACADÉMICO QUE CORRESPONDA NAS CONVOCATORIAS FINAL DA ESO E EXTRAORDINARIA DE BACHARELATO DE XUÑO DE 2022

Seguindo a normativa vixente publícase, nun documento adxunto, o calendario de reclamacións contra as cualificacións e decisións de promoción e titulación na convocatorias final da ESO e extraordinaria de bacharelato de xuño de 2022.

Achégase así mesmo o modelo do impreso en formato PDF que tamén está dispoñible na secretaría do centro.

 

INSTRUCIÓNS DE FINAL DE CURSO

As clases rematan o mércores 22 de xuño.

  • DEVOLUCIÓN DE LIBROS:

O mércores 22 de xuño é o último día para devolver os libros prestados polo centro ao alumnado.
As familias deben asegurarse de que ese día o alumnado trae todos os libros que lle foron prestados. A recollida farase a través das titoras e tiTores na cuarta hora de clase.
No caso de non poder acudir ese día deben devolvelos antes desa data en Secretaría.
É moi importante ter en conta que a non devolución dalgún libro de préstamo implica a perda do dereito a Fondolibros para o próximo curso.

 

  • NOTAS FINAIS:

As notas da avaliación final da ESO e da avaliación extraordinaria de Bacharelato estarán visibles en Abalar o xoves, 23 de xuño ás 20:00. Nese momento xa poderán ver se o alumnado promociona de curso ou titula.
O luns, 27 de xuño, entregarase o boletín de notas e a documentación complementaria.
Este día non haberá transporte escolar.
A entrega de boletíns será ás 10:00 por parte das persoas titoras na aula do grupo.
Xunto co boletín de notas entregarase o impreso de matrícula para o curso correspondente, o exemplar da revista Falabarato e, nalgúns casos, documentación complementaria.