Novas Xunta de Galicia
A Xunta convocará unha nova oferta de emprego público para contrarrestar os efectos da Lei Celáa sobre o corpo de profesores técnicos de FP
Summary:
O conselleiro Román Rodríguez anunciou que se abrirán 240 prazas para permitir a incorporación de profesionais especialistas a un corpo que está previsto que desapareza na LOMLOE Esta nova oferta de emprego público ten como obxectivo estabilizar o persoal interino que vén prestando servizos, ao tempo que garantir profesorado suficiente na FP galega nos próximos cursos Idioma GallegoA Xunta convocará nos primeiros días de 2021 unha nova oferta de emprego público, con 240 prazas, para contrarrestar os efectos da Lei Celaá sobre o corpo de profesores técnicos de Formación Profesional, corpo que está previsto que desapareza na nova lei. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, nunha visita ao CIFP Compostela. Estas novas prazas incrementarán as 336 xa convocadas na OPE de 2020, sumando un total de 576 prazas convocadas neste corpo.
O titular do departamento educativo do Goberno galego explicou que esta nova oferta de emprego foi acordada onte coas organizacións sindicais Comisións Obreiras (CC.OO), Asociación Nacional de Profesionais do Ensino (ANPE Galicia), Unión Xeral de Traballadores (FeSP-UG) e Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), na reunión da Comisión de Seguimento do Acordo de Interinos. A próxima semana reunirase a Mesa Sectorial Docente Non Universitaria para afondar nesta proposta.
Tal e como explicou o conselleiro, o obxectivo é permitir a incorporación de profesionais especialistas a este corpo. Neste sentido, explicou que a extinción do mesmo prevista a partir da entrada en vigor da LOMLOE, “suporá un problema para as ensinanzas de FP e redundará nunha maior inestabilidade laboral para os seus docentes”. A oferta de emprego público da Xunta, pola contra, contribuirá a estabilizar o persoal interino que vén prestando servizos, ao tempo que a garantir profesorado suficiente na FP galega nos próximos cursos.
Taxa de reposición
Serán en total 240 as prazas que se convoquen, o máximo permitido ao elevar o proxecto de Orzamentos Xerais do Estado de 2021 (na súa disposición adicional vixésimo terceira) a taxa de reposición das prazas que, estando dotadas orzamentariamente, estiveran ocupadas de forma temporal e ininterrompidamente polo menos nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2016. Ata o momento, esta taxa de reposición estaba limitada ao 90%, motivo polo que estas prazas non se incluíron na OPE de Educación de 2020 que é, con 3.654 prazas, a máis ampla da historia.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade aprobará esta oferta pública de emprego antes da entrada en vigor da LOMLOE, precisamente para evitar os efectos perversos desta lei sobre o corpo concreto de profesores técnicos de FP. Esta nova oferta afectará a todas as especialidades convocadas e implicará unha nova apertura do prazo de solicitudes para participar no procedemento selectivo, unicamente nas especialidades deste corpo de profesores técnicos de formación profesional.
A convocatoria publicarase nos primeiros días de 2021, aínda que lle será de aplicación a mesma normativa que á OPE de 2020, é dicir, a recollida na orde do 24 de febreiro de 2020 (DOG do 13 de marzo) pola que se convocan procedementos selectivos de acceso e ingreso a distintos corpos docentes.
Cómpre lembrar que a Xunta de Galicia comprometeu xa unha Oferta Pública de Emprego (OPE) no eido educativo de 1.500 prazas que, sumadas ás 3.600 xa convocadas, suman máis de 5.000 prazas xa comprometidas para os anos 2021 e 2022.
Información xeral Ensinanzas de réxime xeral Consellería de Cultura, Educación e Universidade ProfesoradoRoman Rodríguez gaba o esforzo da comunidade educativa do IES Xelmírez I a prol dunha educación de calidade ao longo dos seus 175 anos de historia
Summary:
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade participou nos actos conmemorativos do aniversario deste instituto, no que se entregaron os premios dos certames de Banda Deseñada e de Ensaio SubversivoO conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, gabou hoxe a implicación e o esforzo da comunidade educativa do IES Arcebispo Xelmírez I, de Santiago de Compostela, a prol dunha educación de calidade e comprometida ao longo dos 175 anos de historia deste instituto.
Román Rodríguez participou esta tarde nos actos conmemorativos deste aniversario, que incluíron a entrega dos premios da octava edición dos certames de Banda Deseñada AX1, e de Ensaio Subversivo Guillerme Domínguez, cos que desde hai máis dunha década colabora a Xunta a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
En nome do Goberno galego, o conselleiro transmitiulle os parabéns a todos os galardoados, aos que animou a “seguir enriquecendo o legado deste instituto que é un dos cinco de Galicia recoñecidos con rango de históricos dentro da Rede do Museo Pedagóxico de Galicia, MUPEGA”.
Ademais, Román Rodríguez tamén agradeceu o traballo do equipo directivo e dos docentes do IES, así como da Asociación Colectivo Xelmírez (integrada por alumnado e profesorado do centro) como impulsora dos certames de Banda Deseñada e de Ensaio Subversivo, dos que destacou o seu carácter aperturista e integrador, xa que están abertos a institutos de toda Galicia. De feito, entre os premiados desta edición figuran dous institutos composteláns (IES Lamas de Abade e IES Eduardo Pondal), un de Ourense (IES Universidade Laboral), da Coruña (IES de Monelos) e de Lalín (con dous premiados do IES Ramón María Aller Ulloa).
Información xeral Ensinanzas de réxime xeral Consellería de Cultura, Educación e UniversidadeRelación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de FP, procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico
Anuncio principal:
Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo PES (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)Resolución do 11 de decembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico (591219).
Achégase resolución e relación definitiva de persoas excluídas.Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoProxectos de formación para o profesorado de FP para o curso 2020/2021. Resolución definitiva
Publicada a resolución definitiva de proxectos de formación presentados á convocatoria do 14 de outubro do 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, de proxectos de formación profesional que se van a implantar no curso 2020-2021 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Tema:
Información xeral Proxectos de formación do profesorado de formación profesionalEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Subdirección Xeral de Formación Profesional Servizo de Programación da Formación ProfesionalColectivo:
Profesorado CentrosPublicación das listas definitivas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de mestres, especialidade de Lingua estranxeira francés (597033)
Anuncio principal:
Publicación das resolucións pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades dos corpos de mestres, PES e profesores técnicos FPXúntase a Resolución do 10 de decembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e se ordena a publicación da relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de mestres, especialidade de Lingua estranxeira francés (597033).
Contra esta resolución, que lle pon fin a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da súa publicación neste portal ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas ou directamente un recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses a contar desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso administrativo que sexa competente de conformidade coa Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeralDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos HumanosColectivo:
ProfesoradoPublicación das listas definitivas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de mestres, especialidade de Audición e linguaxe (597037)
Anuncio principal:
Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de mestres/as (597)Xúntase a Resolución do 10 de decembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e se ordena a publicación da relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de mestres, especialidade de Audición e linguaxe (597037).
Contra esta resolución, que lle pon fin a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da súa publicación neste portal ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas ou directamente un recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses a contar desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso administrativo que sexa competente de conformidade coa Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Educación infantil Educación primariaDepartamento:
Servizo de Profesorado de Educación Infantil e PrimariaColectivo:
ProfesoradoCarnés e habilitacións profesionais. Cualificacións provisionais. Primeira e segunda convocatoria 2020
Publicada a listaxe provisional de cualificacións da primeira e da segunda convocatoria 2020 de carnés e habilitacións profesionais.
Contra esta listaxe poderase presentar reclamación ata o día 16 de decembro de 2020.
Tema:
Información xeralEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Subdirección Xeral de Formación Profesional Servizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo:
Alumnado CentrosRelación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, percusión
Anuncio principal:
Publicación da resolución pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicasResolución do 9 de decembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de percusión (594422).
Achégase resolución, baremo definitivo e relación definitiva de persoas excluídas.
Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especialDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoRelación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, contrabaixo
Anuncio principal:
Publicación da resolución pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicasResolución do 9 de decembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de contrabaixo (594406).
Achégase resolución, baremo definitivo e relación definitiva de persoas excluídas.
Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especialDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoRelación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, clave
Anuncio principal:
Publicación da resolución pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicasResolución do 9 de decembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de clave (594405)
Achégase resolución, baremo definitivo e relación definitiva de persoas excluídas.
Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especialDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoA Xunta incorpora 19 novos centros ao programa de Innovación educativa 'Introdución á robótica educativa en Primaria'
Summary:
En total participarán este curso 188 centros de toda Galicia Esta iniciativa enmárcase na Estratexia galega para a Educación Dixital, Edudixital 2020 Idioma GallegoA Xunta de Galicia vén de incorporar 19 novos centros ao programa de innovación educativa Introdución á robótica educativa en primaria, cuxo obxectivo é que o alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria poida iniciarse na experiencia de programación básica, robótica e construción. En total participarán nesta iniciativa este curso 188 centros de toda Galicia, 67 deles da provincia da Coruña, 17 da de Lugo, 19 da de Ourense e 85 da de Pontevedra.
Os centros de nova incorporación este curso son os que se relacionan na seguinte táboa:
Provincia
Concello
Nome do centro
A Coruña
Narón
CEIP Plurilingüe Ponte de Xubia
A Coruña
Negreira
CEIP O Coto
A Coruña
Pontedeume
CEIP Couceiro Freijomil
A Coruña
Rois
CPI Plurilingüe dos Dices
A Coruña
Santa Comba
CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza
A Coruña
Santiso
CEIP de Arcediago
A Coruña
A Coruña
CEIP Alborada
A Coruña
A Capela
CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro
A Coruña
A Coruña
CEIP Salgado Torres
A Coruña
Ferrol
CEIP de Ponzos
Lugo
A Fonsagrada
CEIP Plurilingüe Santa María
Lugo
Palas de Rei
CEIP de Palas de Rei
Ourense
Ourense
CEIP Curros Enríquez
Pontevedra
Bueu
CEIP Plurilingüe da Torre-Cela
Pontevedra
Marín
CEIP da Laxe
Pontevedra
Ponteareas
CEIP Feliciano Barrera
Pontevedra
A Illa de Arousa
CEIP da Torre-Illa
Pontevedra
O Rosal
CPI Manuel Suárez Marquier
Pontevedra
O Porriño
CEIP Plurilingüe da Ribeira
Como novidade este ano, cada centro docente seleccionado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade nesta convocatoria (tanto de continuidade de cursos anteriores, os de ampliación e os de nova incorporación) recibirá unha achega económica, a determinar en función do número de centros que participen finalmente no programa no curso 2020/2021. O importe concedido a cada centro deberase destinar a sufragar gastos que estean debidamente xustificados e imputables á participación nesta convocatoria e en ningún caso se utilizarán para adquisición de materiais inventariables.
Ademais, como é habitual, cada centro docente de nova incorporación seleccionado para desenvolver o programa recibirá unha dotación de material relacionada coa robótica educativa para poder levar a cabo o proxecto, que estará formada por 6 robots de uso educativo, adecuados ás idades do alumnado, seis kits de construción que permitan a realización dun mínimo de cinco proxectos diferentes, un manual de uso e unha guía didáctica.
Os centros aos que vai destinado esta convocatoria, dentro da súa autonomía, pode integrar a robótica de diversas maneiras: mediante unha materia de libre configuración de centro no marco da normativa vixente, dentro das materias de forma transversal, a través de programas de innovación educativa da Consellería ou obradoiros que se desenvolvan fóra do horario lectivo.
Introdución á Robótica en Primaria é unha iniciativa enmarcada dentro da Estratexia galega para a Educación Dixital, Edudixital 2020, co obxectivo de familiarizar os alumnos coas tecnoloxías, a robótica e a programación ao tempo que estimular o seu espírito científico e impulsar as vocacións STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) cara a estudos posteriores nos campos de coñecemento do ámbito científico tecnolóxico.
Información xeral Educación primaria Consellería de Cultura, Educación e Universidade CentrosA Xunta incorpora 10 centros educativos ao programa 'Club de Ciencia'
Summary:
Tomarán parte nesta iniciativa este curso un total de 117 centros educativos de toda GaliciaA Xunta de Galicia vén de incorporar un total de 10 centros educativos ao programa Club de Ciencia. En total, este curso 2020/2021 tomarán parte nesta iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade un total de 117 centros educativos de toda Galicia. Por provincias, este curso participarán 55 centros da provincia da Coruña, 13 de Lugo, 12 de Ourense e 37 de Pontevedra.
O obxectivo desta iniciativa −que forma parte da Estratexia galega para a educación dixital, Edudixital 2020− é estimular o espírito científico entre o alumnado galego ao tempo que impulsar as vocacións STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) cara a estudos posteriores nos campos de coñecemento do ámbito científico tecnolóxico.
Os centros de nova incorporación neste curso son o CEIP Mestre Rodríguez Xixirei (Santiago de Compostela), o CEIP Plurilingüe A Laxe (Ferrol), o IES da Pobra do Caramiñal (A Pobra do Caramiñal), o IES Maximino Romero de Lema (Zas), o CEIP de Ardán (Marín), o CEIP da Laxe (Marín), o IES Alexandre Bóveda (Vigo), o CEIP A Lomba (Vilagarcía de Arousa), o CEIP Plurilingüe de Meaño-As Covas (Meaño) e o CEP Carlos Casares (Salvaterra de Miño).
O Club de Ciencia defínese como un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación onde os docentes suxiren diferentes accións enfocadas ao alumnado co obxecto de que poidan dar resposta ás súas curiosidades, aos seus intereses e resolver problemas. Deberá estar formado por un ou máis docentes de calquera especialidade e alumnado de educación primaria, secundaria obrigatoria ou bacharelato. Un dos docentes actuará como persoa coordinadora do club.
ActividadesAs actividades desenvolveranse fóra do horario lectivo do alumnado nos espazos que se consideren ou habiliten do centro docente. En calquera caso, neste curso 2020/2021, o centro deberá ter en conta a previsión dos posibles escenarios que se puidesen dar en función da situación sanitaria (actividade lectiva presencial, semipresencial e/ou posibles períodos de confinamento) para a organización e desenvolvemento adaptado a cada escenario.
Cada centro docente seleccionado para desenvolver un Club de Ciencia recibirá unha achega económica, a determinar en función do número de centros que finalmente participen no programa. O importe concedido a cada centro deberase destinar a sufragar gastos que estean debidamente xustificados e imputables á participación nesta convocatoria e en ningún caso se utilizarán para adquisición de materiais inventariables.
Información xeral Consellería de Cultura, Educación e UniversidadeRelación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de PES, informática
Anuncio principal:
Resolución pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de PES e de profesores técnicos de FPResolución do 4 de decembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de informática (590107).
Achégase resolución, o baremo provisorio e a relación provisoria de persoas excluídas.Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoA Xunta convoca o programa de Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2020-21
Summary:
Esta iniciativa ten como finalidade estimular o voluntariado cultural en relación coas bibliotecas e a lectura entre o alumnado e as familias, consolidar os espazos bibliotecarios como eidos de fomento da inclusión e a igualdade O programa abrangue tres accións específicas que son o Voluntariado de Lectura-A, o Voluntariado na Biblioteca escolar e o Selo Biblioteca Escolar Solidaria Idioma GallegoA Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de convocar o programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2020-21, que se estrutura en tres accións específicas: o Voluntariado de lectura-A (para a etapa de Primaria), o Voluntariado na biblioteca escolar (dirixido a Secundaria) e o Selo Biblioteca Escolar Solidaria.
O obxectivo destas accións, ás que poderán adherirse os centros escolares públicos que o desexen, é estimular o voluntariado cultural en relación coas bibliotecas e a lectura entre o alumnado dos niveis non universitarios e as súas familias; así como avanzar na inclusión, no acceso igualitario ao coñecemento e aos recursos culturais e de aprendizaxe.
Voluntariado de lectura-ANo caso da acción Voluntariado de lectura-A, dirixida a centros que matriculan alumnado de 5º e 6º cursos de ensino primario, o obxectivo é estimular o voluntariado cultural en relación coa lectura, favorecendo a formación de actitudes de colaboración e de solidariedade entre o alumnado, especialmente no ámbito cultural. Isto poderá artellarse a través de actividades de colaboración na biblioteca escolar ou a través de actividades de lectura compartida organizadas pola biblioteca, dentro ou fóra do centro, e nas que poderán participar, así mesmo, outros sectores da comunidade educativa. Estas actividades deberán contribuír á educar ao alumnado para a solidariedade e, igualmente, poderán traballar os obxectivos da Axenda 2030 da ONU para o Desenvolvemento Sustentable.
Esta acción intégrase, así mesmo, como iniciativa de voluntariado nos programas da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. O alumnado directamente implicado nas actividades programadas polos centros poderán recibir un diploma da súa colaboración como acción de voluntariado cultural, que será xestionado polo propio centro e asinado pola dirección. Os centros dispoñen de prazo ata o día 9 de decembro para inscribirse nesta acción.
Voluntariado na biblioteca escolarPola súa banda Voluntariado na biblioteca escolar vai dirixido a centros que imparten ensinanzas de ESO, Bacharelato, FP ou ensinanzas de réxime especial que contan con grupos formalizados de alumnado colaborador. Esta iniciativa pretende favorecer a formación de actitudes de colaboración e de solidariedade entre o alumnado galego, especialmente no ámbito cultural, o que poderá materializarse en actividades de colaboración na biblioteca escolar ou a través de actividades de lectura compartida ou de traballo coa información, organizadas pola biblioteca, dentro ou fóra do centro. Estas actividades deberán contribuír á educar ao alumnado para a solidariedade e poderán orientarse, así mesmo, en liña cos obxectivos da Axenda 2030.
A través da súa participación nesta iniciativa o alumnado poderá ver recoñecido o seu labor xa que a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado depositará as experiencias das persoas voluntarias no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia e emitirá os diplomas de acción voluntaria correspondentes.
Selo ‘Biblioteca Escolar Solidaria’Por outra banda, o Selo de Biblioteca Escolar Solidaria é un distintivo de calidade de traballo solidario a favor da comunidade escolar, ten como obxectivo recoñecer o labor das bibliotecas que traballan de forma salientable a compensación de desigualdades e fomentan o voluntariado cultural entre os integrantes da comunidade escolar.
Poderán optar a este selo aquelas bibliotecas que propician especificamente valores de xustiza e solidariedade, e procuran de forma destacada a compensación de desigualdades, poñendo os recursos ao servizo de toda a comunidade educativa, dando resposta ás necesidades de todo o alumnado e favorecendo o uso dos seus recursos e oportunidades con formación e con fórmulas de aproveitamento axeitadas, mediante un programa específico de medidas estruturais e sistemáticas. Os centros dispoñen de prazo ata o 10 de maio do próximo ano para presentar as memorias.
Trátase de valorar aquelas iniciativas que poñen especial atención en atender ás necesidades en materia de lectura e de acceso á información do alumnado e as familias que máis o precisan, por carecer de biblioteca familiar ou estar afastados doutros centros culturais (bibliotecas públicas municipais ou outras). Así mesmo valorarase que conten cun equipo de colaboradores formado por alumnado voluntario ou con familias voluntarias que colaboran na xestión e dinamización da biblioteca escolar. Neste curso valoraranse especialmente aquelas prácticas da biblioteca escolar relacionadas coa difusión dos Obxectivos da Axenda 2030 da ONU para o Desenvolvemento Sustentable.
Plan LÍABibliotecas Escolares Solidarias enmárcase no Plan LÍA de Bibliotecas Escolares, que contempla entre os seus obxectivos para o período 2016-2020 o de avanzar na consecución dunha biblioteca escolar inclusiva, así como o de incentivar o uso das bibliotecas escolares por parte das comunidades educativas.
Trátase, así mesmo, de fortalecer unha das funcións máis importantes da biblioteca escolar, a de axudar a paliar as desigualdades no acceso aos recursos culturais e de acceso ao coñecemento, poñendo a disposición de todo o alumnado, independentemente da súa situación socioeconómica, todas as ferramentas precisas para avanzar na súa formación como lector crítico e como usuario e produtor de información, competencias clave na actual sociedade da información.
BalanceNo pasado curso 2019/2020 participaron en Voluntariado de lectura un total de 2.638 alumnos e alumnas de primaria, e na iniciativa Voluntariado na biblioteca escolar, 1.105 alumnos e alumnas de secundaria, o que fala do alcance desta iniciativa.
Pola súa parte, foron seis os centros que recibiron o Selo Biblioteca Escolar Solidaria (CEIP Plurilingüe O Graxal, de Cambre; CEIP Plurilingüe San Marcos, de Abegondo; CEIP San Ramón, de Moeche; CEIP Pedro A. Cerviño, de Campo Lameiro; IES Universidade Laboral, de Culleredo; EEI San Roque, de Viveiro; CEIP A Pedra e CEIP Plurilingüe Montemogos, de Bueu; CEIP Plurilingüe de Chancelas, de Poio e CEIP Seis de Nadal, de Vigo.
Información xeral Programas e plans Plan LÍA Bibliotecas escolares Educación primaria Educación secundaria obrigatoria Consellería de Cultura, Educación e Universidade Centros