Novas Xunta de Galicia
O Comité Educativo avalía as medidas postas en marcha no primeiro trimestre, que garantiron un desenvolvemento seguro do curso
Summary:
Aprobou seguir reforzando no segundo trimestre a formación en materia de prevención, con 5.000 novas prazas e 12 cursos con contidos personalizados para distintos colectivos profesionais Román Rodríguez presidiu a reunión deste órgano asesor, que fixo balance da actividade desenvolta desde a súa creaciónO conselleiro expuxo que, trala primeira semana de novembro empezou unha redución paulatina e progresiva da incidencia de casos covid nos centros escolares e que a día de hoxe se mantén, polo que se confirma que os centros non están sendo lugares de transmisión do virus.
Román Rodríguez subliñou que este escenario é o resultado dun “enorme traballo e sobreesforzo” por parte do conxunto da comunidade educativa, especialmente do profesorado, dos equipos directivos dos centros, dos alumnos e das familias. Así mesmo agradeceu as aportacións e o asesoramento dos integrantes do Comité Educativo en todos estes meses, “con case cen días de traballo técnico e nove reunións, moi participativas, nas que se aportaron moitas claves que foron fundamentais para que o inicio de curso se desenvolvese cunha grandísima normalidade dentro do contexto excepcional”. En palabras do conselleiro, “este primeiro trimestre o sistema educativo estivo á altura. E agardemos que no segundo se manteña a situación”, polo que fixo un chamamento á responsabilidade nestas vacacións de nadal.
Reforzo da formaciónDoutra banda, o Comité Educativo tamén acordou reforzar a formación en materia de prevención da transmisión da covid-19 nos centros educativos, con accións específicas e segmentadas segundo os distintos colectivos que interactúan nos centros escolares, e que completarán as xa desenvoltas ata o de agora e que estiveron centradas fundamentalmente na formación dos equipos covid e do persoal de comedores e de limpeza.
Así o próximo trimestre ofertaranse unhas 5.000 prazas formativas para 12 cursos específicos en función dos colectivos aos que van dirixidos, por un lado para persoal docente e, por outro, para persoal non docente.
No ámbito docente ofertaranse cursos para os equipos directivos e os equipos covid; o profesorado de Educación Infantil, de Primaria, de ESO e de FP; de Ensinanzas Musicais, de Ensinanzas Artísticas e de Educación Física; e para os profesionais de Audición e Linguaxe e de Pedagoxía Terapéutica.
No que atinxe ao ámbito de persoal non docente, deseñáronse cursos para persoal de limpeza, persoal administrativo e subalterno, persoal de comedores e cafeterías, persoal que presta servizos no transporte escolar xestionado pola Consellería e persoal que desempeña labores de atención á diversidade nos centros escolares.
Os cursos estarán coordinados polos Centros de Formación e Recursos (CFR) da Consellería e, independentemente das prazas iniciais, atenderanse todas as solicitudes recibidas.
Información xeral Consellería de Cultura, Educación e UniversidadeProposta de concesión das axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do SUG no curso 2020/21
Xúntase a proposta de concesión das axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG) no curso académico 2020/21.
Anuncio principal:
Convocatoria de axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do SUG no curso académico 2020/21Tema:
Axudas e premios Bolsas MásterEnsinanza:
UniversidadeDepartamento:
Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de UniversidadesColectivo:
AlumnadoInstrucións relativas ao uso dos Servizos Educativos Dixitais Corporativos no marco da emerxencia sanitaria derivada da pandemia por Covid-19
Xúntase as Instrucións do 14 de decembro de 2020 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade relativas ao uso dos servizos educativos dixitais corporativos no marco da emerxencia sanitaria derivada da pandemia por Covid-19.
File:
Instrucións relativas ao uso dos Servizos Educativos Dixitais CorporativosTema:
Información xeralDepartamento:
Secretaría Xeral Técnica Servizo de Coordinación Estratéxica e InnovaciónColectivo:
Profesorado Alumnado Familias CentrosPublicada proposta de resolución provisional das axudas a centros privados concertados para atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2020/2021 segundo a Orde do 22 de outubro do 2020
Anuncio principal:
Axudas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2020/2021Tema:
Alumnado con necesidade específica de apoio educativo Bolsas Centros concertadosEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeralDepartamento:
Subdirección Xeral de CentrosColectivo:
CentrosConcesión dos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal 2019/20
Anuncio principal:
Convocados os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2019/20 (código de procedemento ED311E)Xúntanse as Puntuacións definitivas e a Orde do 2 de decembro de 2020 pola que se conceden os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2019/20, convocados pola Orde do 27 de agosto de 2020 (Diario Oficial de Galicia do 8 de setembro).
Servizo relacionado:
Premios ao alumnadoTema:
Axudas e premios Premios autonómicosEnsinanza:
Educación secundaria obrigatoriaDepartamento:
Servizo de Avaliación do Sistema EducativoColectivo:
Alumnado Familias CentrosListaxe provisional de persoas admitidas e excluídas nos premios extraordinarios das ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, Danza e de Artes Plásticas e Deseño, curso 2019/20
Anuncio principal:
Convocados os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2019/20Xúntase a Resolución do 9 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nos premios extraordinarios das ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2019/20.
Tema:
Axudas e premios Premios autonómicosEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas de danza Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño Ensinanzas de músicaColectivo:
AlumnadoA Xunta destaca a confianza de empresas como PSA Peugeot Citroën nos centros de formación profesional
Summary:
O conselleiro de Educación, a conselleira de Emprego e Igualdade e o director do Centro de Vigo de Groupe PSA recibiron a doazón de vehículos e motores por parte da compañía a sete CIFPs galegos A Xunta mantén unha ampla colaboración co empresariado galego na configuración da oferta de FP, así como na cualificación dos traballadores Román Rodríguez destacou a FP como unha porta aberta ao emprego, de gran importancia para a reactivación económica no contexto da pandemia María Jesús Lorenzana enxalzou a formación como investimento de futuro clave para o enriquecimento do mercado laboral galego Idioma GallegoO conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participaron hoxe co director do Centro de Vigo de Groupe PSA, Ignacio Bueno no acto de doazón por parte da compañía de sete vehículos e cinco motores a Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP) de Galicia, que se empregarán tanto no ciclos de FP como na formación para o emprego. Un feito que, segundo indicaron os representantes da Xunta, demostra a confianza que empresas de tanto prestixio como Groupe PSA Vigo teñen nos centros de FP galegos.
O conselleiro de Educación salientou a ampla colaboración que a Xunta mantén co empresariado galego para mellorar a oferta de FP e comprometeuse a intensificar esta relación –especialmente no eido industrial– para dar resposta ás necesidades dos sectores produtivos nun momento no que é prioritaria a reactivación económica. Neste sentido, recordou que a FP “é unha porta aberta ao emprego”, cunha inserción laboral superior ao 85% nos ciclos ordinarios e ao 90% na FP Dual, e que doazóns de material como esta que realiza PSA contribúen a mellorar aínda máis a empregabilidade do alumnado.
Pola súa banda a conselleira de Emprego e Igualdade abondou no compromiso da Xunta de seguir a traballar coas empresas que aposten pola formación como un investimento de futuro, coa “firme crenza do enriquecemento que supón para o noso mercado laboral e a sociedade no seu conxunto”. Tal e como destacou, colaboracións como a de Groupe PSA “marcan a diferenza” nun contexto tan cambiante onde “a constante actualización das habilidades laborais resulta clave para garantir un emprego estable e de calidade”.
No acto de doazón participaron tamén o secretario xeral de Educación e FP, José Luis Mira, e a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias.
Últimas tecnoloxíasOs centros beneficiados por esta doazón son os CIFP de Coia (Vigo, cun Opel Combo e un motor), CIFP Porta da Auga (Ribadeo, cun Peugeot 301 e un motor), Santa María de Europa (Ourense, cun Citroën C-Elysée e un motor), Ferrolterra (Ferrol, cun Peugeot Partner e un motor), Valentín Paz Andrade (Vigo, cun Citroën C4 Picasso e un motor), Coroso (Ribeira, cun Peugeot 301) e Politécnico de Vigo (cun Peugeot 301).
Os vehículos e motores contribuirán tanto a mellorar a formación do alumnado como á actualización dos coñecementos do profesorado, dado que incorporan as últimas tecnoloxías. Neste sentido, trátase de automóbiles de última xeración, dotados das innovacións máis recentes e avances nas diferentes técnicas que engloba o deseño e construción do produto.
Grazas á experiencia con estes materiais, os estudantes coñecerán os recursos cos que se traballa actualmente no entorno laboral, o que lles facilitará a aprendizaxe e o desenvolvemento das capacidades e competencias precisas para desempeñar no futuro o seu posto de traballo, mellorando así a súa empregabilidade.
Audio:
Información xeral Consellería de Cultura, Educación e UniversidadeO secretario xeral de Universidades visita o alumnado do novo grao de Bioquímica, no campus de Lugo
Summary:
Foi implantada este curso ao abeiro do Mapa de Titulacións acordado entre Xunta e UniversidadesO secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, visitou hoxe o alumnado do primeiro curso do novo grao de Bioquímica, na Facultade de Ciencias de Lugo, onde se interesou polo desenvolvemento destas ensinanzas no seu curso de implantación.
O representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade destacou que a oferta desta titulación no campus lucense foi posible grazas á folla de ruta coordinada entre Xunta e universidades para planificar a medio prazo da oferta académica superior, o mapa de titulacións. Ao seu abeiro, desde o curso 2018/19 puxéronse en marcha 12 novos títulos de grao, entre eles este de Bioquímica e, tamén en Lugo, o grao en Paisaxe (curso 18/19, compartido coa UDC), o grao en Robótica (curso 19/20) e o grao en Empresa e Tecnoloxía (curso 20/21).
Despois da visita, celebrouse unha reunión de traballo para facer un seguimento da proposta de acreditación do Campus Terra. Esta solicitude é a segunda que realiza un campus de especialización, e o proceso resolverase no primeiro trimestre de 2021.
Información xeral Universidade Consellería de Cultura, Educación e Universidade Secretaría Xeral de UniversidadesA Xunta financia 240 grupos de investigación universitaria que facilitan a transferencia de coñecemento á sociedade
Summary:
Máis de 1200 persoas traballan nestas unidades O Grupo VARPA, adscrito á UDC, foi un dos recoñecidos con estes galardónsA Xunta de Galicia está a financiar, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, o funcionamento de 240 grupos de investigación universitaria, que facilitan a transferencia de coñecemento á sociedade. Así o explicou hoxe o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, na entrega dos IV Premios Spin-Off PuntoGal.
O representante autonómico salientou que este financiamento estrutural co que contan os grupos, que son a base a través da que se articula boa parte da investigación no Sistema universitario de Galicia, “é un dos sinais de identidade da investigación da comunidade Autónoma e do apoio da Xunta de Galicia á I+D+i universitaria”.
Díez de Castro sinalou que son máis de 1200 persoas as que traballan nos dous tipos de grupos de investigación financiados polo departamento educativo da Xunta (Grupos de Referencia Competitiva, un total de 147, e Grupos de Potencial Crecemento, 93), e que este ano recibiron fondos por un valor total de 14.260.000 euros. Neste sentido explicou que o financiamento de grupos, e non de proxectos concretos, permite reorientar as liñas de investigación e, en situacións como a actual, resulta moi útil no contexto da para reorientar á súa actividade a campos relacionados coa covid-19.
O secretario xeral de Universidades puxo en valor o traballo realizado para o Goberno galego para definir o actual programa de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitiva que, “mesmo nos momentos máis duros da crise económica, experimentou un crecemento constante”.
Os galardónsPrecisamente un destes grupos de investigación, o Grupo VARPA (adscrito á Universidade da Coruña), é un dos galardoados nestes IV Premios Spin-Off PuntoGal, na categoría de Grupos de Investigación, polo seu traballo no desenvolvemento de programas informáticos para a telemedicina
Na categoría de Selo de Calidade resultou gañadora a empresa Orballo, dedicada a produción e comercialización de produtos ecolóxicos de orixe galega; mentres que na de Idea Emerxente a galardoada foi a empresa Psico VR, que traballa no campo da Realidade Virtual.
Os Premios Spin-Off Puntogal están organizados polo Dominio PuntoGal e o portal GCiencia e conta co apoio da Xunta e da empresa Gadis. O seu obxectivo é recoñecer as iniciativas empresariais e de grupos de investigación máis innovadoras xurdidas no ámbito das tres universidades galegas.
Información xeral Universidade Consellería de Cultura, Educación e Universidade Secretaría Xeral de UniversidadesCentros adheridos ás iniciativas "Voluntariado de lectura-A" (primaria) e "Voluntariado na Biblioteca Escolar" (secundaria), do programa Bibliotecas Escolares Solidarias. Curso 2020/21
A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos fixo pública con data 16 de novembro de 2020 a convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2020/21, unha iniciativa que se leva a cabo en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da consellería de Política Social. Fanse públicas as relacións de centros que se adhiren a dúas das accións incluídas neste programa:
- Voluntariado de lectura-A, destinada a alumnado de 5º e 6º de primaria. Adhírense un total de 62 centros públicos.
- Voluntariado na Biblioteca Escolar, destinada a alumnado de secundaria, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de rexime especial. Adhírense un total de 80 centros.
File:
Relación de Centros inscritos na iniciativa "Voluntariado de Lectura-A" 2020/2021 Relación de Centros adheridos á iniciativa "Voluntariado na Biblioteca Escolar" 2020/2021Tema:
Programas e plans Plan LÍA Bibliotecas escolaresEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeralDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de CentrosColectivo:
Alumnado CentrosSección:
BoletínRelación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de PES, Lingua e literatura galega
Anuncio principal:
Resolución pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de PES e de profesores técnicos de FPResolución do 16 de decembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de lingua e literatura galega (590053).
Achégase resolución, o baremo provisorio e a relación provisorias de persoas excluídas.
Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicialDepartamento:
Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoRelación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de PES, Música
Anuncio principal:
Resolución pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de PES e de profesores técnicos de FPResolución do 15 de decembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de música (590016).
Achégase resolución, o baremo provisorio e a relación provisoria de persoas excluídas.
Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicialDepartamento:
Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoA Xunta pecha cos sindicatos a ampliación da oferta pública de emprego en 24 especialidades do corpo de profesores técnicos de FP
Summary:
A Mesa Sectorial Docente non Universitaria, na súa reunión de hoxe, deu o visto e prace á nova oferta, que incrementa a 603 as prazas convocadas para este corpo Román Rodríguez reuniuse cos directores dos Centros Integrados de FP para presentarlles esta nova medida, co obxecto de corrixir os efectos da Lei Celaá As probas, ao igual que as da OPE de 2020, celebraranse o vindeiro anoO conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, reuniuse hoxe cos directores dos Centros Integrados de FP (CIFP) Ferrolterra, Enrique Pazo; Someso, Juan Carlos González Purriños; e Carlos Oroza, Manuel Hermo; para abordar a situación do corpo de profesores técnicos de FP como consecuencia da Lei Celaá, que prevé a extinción deste corpo, así como da nova medida da Consellería de Educación para corrixir os efectos desta nova normativa. Así, o conselleiro informoulles da ampliación da oferta pública de emprego do corpo de profesores técnicos de FP pechada entre Xunta e sindicatos na Mesa Sectorial Docente non Universitaria reunida esta mañá.
Neste sentido, o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia explicou que a nova oferta incrementa a 603 as prazas convocadas para este corpo. Isto vai permitir ofrecer unha posibilidade de estabilidade laboral ás 452 persoas que neste momento son profesores técnicos de FP en situación de interinidade e que non contan cunha licenciatura. Tal e como está redactada agora a LOMLOE, estas persoas quedarían fóra do sistema.
Román Rodríguez explicou tamén que a intención é realizar as probas da nova OPE o vindeiro ano 2021, ao igual que as de 2020, sempre e cando as condicións sanitarias o permitan.
De feito, hoxe mesmo pechouse a ampliación da oferta entre os sindicatos e a Consellería, no transcurso da mesa sectorial do ensino non universitario presidida polo director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Manuel Álvarez Bértolo, e que tivo como punto único do día a nova OPE. As 24 especialidades nas que se convocarán prazas serán as mesmas xa contempladas para as oposicións de 2020, que incluíu 363 prazas neste corpo. A distribución das mesmas quedará como segue:
Código/especialidade
Prazas
201
Cociña e Pastelaría
8
202
Equipos Electrónicos
14
203
Estética
10
204
Fabricación e Instalación de Carpintaría e Moble
12
205
Instalacións e Mantemento de Equipos Térmicos e Fluídos
6
206
Instalacións Electrotécnicas
16
208
Laboratorio
4
209
Mantemento de Vehículos
30
210
Máquinas, Servizos e Produción
1
211
Mecanizado e Mantemento de Máquinas
10
214
Operacións e Equipamentos de Elaboración de Produtos Alimentarios
8
216
Operacións de Produción Agraria
8
217
Patronaxe e Confección
5
218
Peiteado
16
219
Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico
8
220
Procedementos Sanitarios e Asistenciais
12
221
Procesos Comerciais
12
222
Procesos de Xestión Administrativa
20
223
Produción de Artes Gráficas
2
225
Servizos á Comunidade
7
226
Servizos de Restauración
7
227
Sistemas e Aplicacións Informáticas
17
228
Soldadura
4
229
Técnicas e Procedementos de Imaxe e Son
3
Total
240
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade aprobará esta oferta pública de emprego antes da entrada en vigor da LOMLOE, precisamente para evitar os efectos negativos desta lei sobre o corpo concreto de profesores técnicos de FP. Esta nova oferta afectará a todas as especialidades convocadas e implicará unha nova apertura do prazo de solicitudes para participar no procedemento selectivo, unicamente nas especialidades deste corpo de profesores técnicos de formación profesional.
O obxectivo é contribuír á estabilización do persoal interino que vén prestando servizos, ao tempo que a garantir profesorado suficiente na FP galega nos próximos cursos.
Información xeral Consellería de Cultura, Educación e Universidade ProfesoradoPublicación da Resolución definitiva de centros seleccionados e actuacións concedidas da convocatoria de contratos-programa 2020/21
Anuncio principal:
Resolución do 30 de xullo de 2020 pola que se regulan os contratos-programa dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes públicos de educación infantil, primaria e secundaria para o curso 2020/21Xúntase Resolución definitiva Contratos-programa 2020/21 e Listaxe definitiva de centros seleccionados (ordenados por código de centro).
Servizo relacionado:
Contratos-programaTema:
Programas e plans Programas e plans da consellería Contratos-programaEnsinanza:
Educación infantil Educación primaria Educación secundaria obrigatoriaColectivo:
Profesorado Alumnado CentrosSección:
Boletín Portada de boletínRelación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, fundamentos de composición
Anuncio principal:
Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas (594)Resolución do 15 de decembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de fundamentos de composición (594412).
Achégase resolución e relación definitiva de persoas excluídas.
Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Ensinanzas superiores de músicaDepartamento:
Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoRelación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de PES, Asesoría e procesos de imaxe persoal
Anuncio principal:
Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo PES (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)Resolución do 14 de decembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de Asesoría e procesos de imaxe persoal (590103).
Achégase resolución e relación definitiva de persoas excluídas.
Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoRomán Rodríguez felicita os 396 universitarios recoñecidos cos Premios Excelencia Académica por ser exemplo de esforzo e compromiso co traballo ben feito
Summary:
O Goberno autonómico publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución destes galardóns, que premian o mellor expediente de cada un dos cursos de grao e que teñen unha dotación económica de 1.000 euros para cada estudante Seis de cada dez premiados nesta edición son mulleres, 185 galardoados acadaron notas superiores ao 9 e ata sete obtiveron a máxima cualificación, un 10 O conselleiro destacou que estes estudantes son “vectores de calidade das nosas universidades e representan a Galicia do futuro” Idioma GallegoO conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, entregaron hoxe un recoñecemento aos dous mellores expedientes do campus compostelán galardoados cos Premios de Excelencia Académica de Grao correspondentes ao curso 2018/19. Trátase de Juan Manuel Lorenzo Naveiro (estudante de Matemáticas) e de María Allegue Criado (de Maxisterio en Educación Primaria), que estivo representada pola decana da Facultade de Educación por non poder asistir.
Durante o acto o conselleiro de Educación agradeceu o esforzo e compromiso do alumnado universitario que, como dixo, son “os mellores vectores de calidade das nosas universidades” e representan “a Galicia do futuro, do esforzo, do compromiso do traballo ben feito e a Galicia da vangarda e excelencia”.
Román Rodríguez recordou o compromiso da Xunta de Galicia coa excelencia a través destes premios, que van pola súa segunda edición e non existen en outras comunidades autónomas, cos que se pretende motivar o alumnado universitario para mellorar o seu currículo ao recoñecer a súa actitude de compromiso co seu proceso formativo e o seu mérito e esforzo no estudo. “Para nós, estimular o aproveitamento académico significa seguir apostando pola construción dun sistema universitario excelente, competitivo e de calidade”, engadiu.
Plan de Excelencia do Sistema UniversitarioOs Premios de Excelencia Académica, cuxa resolución se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia, recoñece nesta edición a un total de 396 estudantes de grao universitario oficial no curso 2018/19 no Sistema Universitario de Galicia (SUG) en cada un dos cursos de grao, agás o último, dado que neste caso o galardón se artella a través dos Premios Fin de Carreira. Ao igual que xa ocorrera o ano pasado, nesta segunda edición a meirande parte dos premios (o 64,1%) recaeron en mulleres, polo que estas acaparan máis de seis de cada dez galardóns fronte ao 35,9% dos homes. Ademais obtiveron a máxima cualificación, un 10, ata sete galardoados.
Por universidades, o 39,9% dos premios concedidos foron para a Universidade de Santiago de Compostela (USC), o 33,8% para a Universidade de Vigo (UVigo) e o 26,3% para a Universidade da Coruña (UDC).
Cada un dos 396 universitarios beneficiarios, recibirá unha dotación económica de 1.000 euros e un diploma acreditativo desta distinción. Deles, os 185 con notas superiores a 9 recibirán a maiores unha contía complementaria de 500 euros, tal e como estaba previsto na convocatoria deste ano en caso de non esgotar o crédito existente. En total, a Xunta destina un orzamento de 512.000 euros a estes galardóns (un incremento do 16,4% respecto aos 440.000 da anterior edición).
Esta liña de axudas enmárcase, ademais, no Plan de Excelencia do Sistema Universitario de Galicia para o trienio 2018-2020, que lles permite dar un novo salto de calidade ás universidades galegas para seguir avanzando nun camiño de vangarda e excelencia. Estes galardóns fóronlle outorgados por primeira vez o ano pasado a un total de 362 estudantes universitarios polas mellores cualificacións obtidas no curso 2017/18.
RequisitosCómpre lembrar que son as propias universidades as que seleccionan os expedientes académicos das persoas que, superando a totalidade dos créditos correspondentes a un curso académico completo segundo o plan de estudos na primeira convocatoria, obtivesen a maior nota media, sempre superior aos 8 puntos.
Concédeselle un premio por cada titulación oficial de grao e programas de simultaneidade de graos ao alumnado que finalizase os estudos de 1º, 2º e 3º curso. Quedan excluídos os de último ano por poderen optar aos premios fin de carreira que tamén convoca a Consellería. Para o alumnado dos graos oficiais con máis de catro cursos, segundo o plan de estudos de ditas titulacións, esténdese o premio ata o cuarto curso para os graos de cinco anos e ata o quinto curso para os graos de seis anos.
Información xeral Premios autonómicos Universidade Consellería de Cultura, Educación e Universidade Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Universidades AlumnadoConcurso de traslados entre profesorado de Relixión que presta servizos nos centros educativos dependentes desta consellería
Xúntase a Orde do 25 de novembro de 2020 pola que se convoca concurso de traslados entre profesorado de Relixión que presta servizos nos centros educativos dependentes desta consellería.
Forma de participación:
- Ver na Orde a base novena: Forma de participación
- A través do enderezo: www.edu.xunta.es/cxt
Prazo de presentación de solicitudes e documentación:
- 15 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no DOG.
File:
Orde do 25 de novembro de 2020 (DOG)Servizo relacionado:
CADPTema:
Concurso de trasladosEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeralDepartamento:
Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoSección:
Boletín Portada de boletínProgramas Eduemprende 2020-2021. Ampliación do prazo de presentación de solicitudes
Amplíase, ata o 22 de decembro de 2020, o prazo de presentación de solicitudes dos seguintes programas enmarcados no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende: Atrévete, EduTecEmprende, Grand prix financeiro, Finanzas para mortais e Preparados para o salto.
Tema:
Programas e plans Programas e plans da conselleríaEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Subdirección Xeral de Formación Profesional Servizo de Relación co Sistema Productivo e Acreditación de CompetenciasColectivo:
Alumnado CentrosResolución da convocatoria dos premios de excelencia académica ao alumnado de grao universitario oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2018/2019 nas universidades do SUG
Anuncio principal:
Convocatoria dos premios de excelencia académica ao alumnado de grao universitario oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2018/2019 nas universidades do SUGXúntase a Orde do 30 de novembro de 2020 pola que se fai pública a resolución da orde de convocatoria dos premios de excelencia académica ao alumnado de grao universitario oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2018/19 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.
Servizo relacionado:
Premios ao alumnadoTema:
Axudas e premios Premios autonómicosEnsinanza:
UniversidadeDepartamento:
Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de UniversidadesColectivo:
Alumnado