Publicamos os calendarios dos exames de setembro:
Exames de ESO. enlace
Exames de EPA. enlace
Nos artigos 21 e 29 da LOE establécese que ao finalizar o segundo ciclo de educación primaria e o segundo curso de educación secundaria obrigatoria, “todos os centros educativos realizarán unha avaliación de diagnóstico das competencias básicas alcanzadas polos seus alumnos. Esta avaliación, competencia das administracións educativas, terá carácter formativo e orientador para os centros e informativo para as familias e para o conxunto da comunidade educativa. Esta avaliación terá como marco de referencia a avaliación xeral de diagnóstico”.
O curso 2010-11 celebrouse a segunda proba en Galicia.
No seguinte enlace podedes ver o informe que recolle os resultados deste proba para Galicia e que está publicado na páxina web da Consellería de Educación. enlace
Neste outro enlace pódese acceder a un resumo dos datos do IES Poeta Añón comparados cos globais de Galicia que foi elaborado polo centro para analizar a nosa situación dentro deste informe xeral. enlace
O vindeiro luns 13 de febreiro comezará o módulo 4 de Educación Secundaria para Adultos.
O alumnado que estaba matriculado no módulo 3 e no 2º curso de PCPI xa pode consultar as notas no IES.
As datas das reunións de principio de curso son as seguintes:
Mércores 5 de outubro pais e nais do alumnado de 1º e 2º de ESO
Xoves 6 de outubro pais e nais do alumnado de 3º e 4º de ESO
As 19 horas haberá unha breve presentación do equipo directivo e a continuación terá lugar a reunión cos titores.
PRESENTACIÓN DE 1º CURSO DE PCPI: Xoves 22 as 18,30 horas
PRESENTACIÓN DE 2º CURSO DE PCPI e MÓDULO 3 DE EPA: Venres 23 as 19,00 horas.
As clases comezarán o luns 26 no horario habitual do curso.
No seguinte enlace pódese consultar a lista de alumnado admitido para realizar o 1º ano do PCPI. enlace
A presentación terá lugar o xoves 22 de setembro ás 18,30 horas.
O vindeiro 16 de setembro comezamos o novo curso na ESO.
Faremos a presentación de 11 a 12 horas e o luns 19 iniciaremos o curso xa co horario de sempre.
O vindeiro xoves 23 de xuño será o último día de clases deste curso.
A despedida será cun festival de música e baile no auditorio do Concello. Comezará as 11 horas e a el poderán acudir pais e nais aínda que o limitado do aforo non fai posible que a asistencia sexa moi numerosa.
O luns 27 de xuño entregaremos as notas as 10 horas e non haberá transporte escolar.
Os días 27 e 28 poderán efectuarse reclamacións de detectarse algún erro nas cualificacións.
O 29 de xuño resolveranse as posibles reclamacións e daranse as notas como definitivas.
O prazo de matrícula para o alumnado que aprobe todo será do 30 de xuño ao 10 de xullo.
Desde o equipo directivo decidimos crear esta páxina para manter informada á comunidade educativa sobre a problemática xurdida coas concentracións de gas radon no IES.
En primeiro lugar unha aclaración:
Os valores da concentración de gas radon medidos nas aulas do alumnado non alcanzan valores preocupantes.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |