Actividades realizadas

Fútbol sala. Curso 2016-17

O equipo de fútbol sala ven de clasificarse para o campionato provincial. Noraboa aos xogadores e ao adestrador Ismael.

Premio clipmetraxes de Mans Unidas

O venres 21 de Abril o alumnado de Relixión de 4º de ESO trasladouse a Santiago para recibir un premio no concurso de clipmetraxes organizado por Mans Unidas. Finalmente o traballo titulado "A PEDIR DE BOCA" recibíu o premio ó clipmetraxe máis votado. Noraboa!! 

Actuación de Duende Sico

Organizado polo Concello de Outes coa colaboración da Deputación de A Coruña o alumnado do centro asistiu a unha representación de clawn interactivo na casa da cultura do concello de Outes: galería de fotos.

A obra titulada "Non sabes quen es" foi representada pola compañía Duende Sico. Con ela trátase de fomentar o uso do galego e a educación en valores.

INTERCAMBIOS CLIMÁNTICA 2016-17

Este curso amplíase o programa de intercambios dentro do proxecto medioambiental CLIMÁNTICA e o noso alumnado viaxará a Canarias e Segovia. Galería de fotos.

Participamos xunto cos centros IES Virxe do Mar (Noia), IES Rosalía de Castro (Santiago), IES Praia de Barraña (Boiro), CPI dos Dices (Rois), Colegío Decroly (Tenerife) e IES Mariano Quintanilla (Segovia).

V SEMANA CULTURAL

Do luns 3 ao venres 7 de abril celebraremos a V Semana Cultural. Galería de fotos.

Seguindo o fío condutor do proxecto para este curso "Cóntame" tratamos de achegar a cultura de América, África e Asia por medio dos contos ou relatos populares. Con este obxectivo, dentro da semana cultural realizamos diversas actividades nas que poderemos ver unha exposición de publicacións de paises dos tres continentes e diversas actividades (Tríptico completo):

Viaxe a Andorra. Curso 2016-17

O alumnado de cuarto de ESO xa está en Andorra. Na galería iremos colgando algunhas imaxes. enlace

Antroido 2017

Na Galería podedes ver algunha foto da celebración do Antroido. enlace.

PLAN PARA A MELLORA DA CONVIVENCIA

Dentro das actividades programadas para a mellora da convivencia do centro teremos dúas charlas para todo o alumnado do centro na que abordaremos os temas do acoso escolar e a violencia de xénero.

Por medio do "Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centro educativos", axentes da Garda Civil informarán ao alumnado dos seguintes temas:

Mércores 1 de febreiro: Violencia de Xénero, para o alumnado de 3º e 4º de ESO.

Xoves 2 de febreiro: Acoso escolar, para o alumnado de 1º e 2º de ESO.

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Durante a semana do 21 ao 25 de novembro realizamos unha serie de actividades, que complementan as programadas nas aulas e nas titorias durante todo o curso, co obxectivo de sensibilizar á comunidade educativa sobre este problema que segue a ocasionar perdas de vidas e situacións de violencia intolerable, fundamentalmente de mulleres, pero que en moitos casos se extende aos fillos e todo o entorno familiar.

Despedida do alumnado de 4º ESO

 

Este curso despedimos a última promoción de 4º de ESO co sistema LOE.

Aquí tedes a foto cos comensales.

4ºESO

Powered by Drupal - Design by artinet