Hoxe tivemos unha mostra de actuacións de Entroido a cargo de alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO.
Actividades realizadas
25-N ACTIVIDADE 5ªHORA
Hoxe queremos participar do conxunto de actividades que se levan a cabo nos distintos centros educativos e consellos de Galicia para sumarnos ao rechazo da violencia de xénero e do machismo.
Propóñemoste unha lectura para comezar.
A continuación gustaríanos que reflexiones coa túa clase sobre o vídeo (que atoparás no escritorio), elaborado pola biblioteca escolar e o Departamento de TIC coa colaboración de algúns de vos. Duración:10 minutos
En caso de querer algo máis recomendámoste o vídeo seguinte sobre a nova masculinidade. Duración:7 minutos
SAÍDA A ILLA DE ONS
O MARTES 29 DE XUÑO O ALUMNADO DE 2ºA E ALGUNHAS ALUMNAS DE 2ºB, 3ºA E 3ºB FORON PREMIADOS POLA SÚA PARTICIPACIÓN NOS CONCURSOS DE BIBLIOTECA CUNHA SAÍDA Á ILLA DE ONS. ALÍ PUIDERON VISITAR O FARO E TIVERON UNHA DEMOSTRACIÓN DE COMO FUNCIONABA A ANTIGA LÁMPARA DE PETRÓLEO QUE O ILUMINOU ATA 1990 DURANTE MÁIS DUN SIGLO.
FIN DE CURSO 2021
O martes 22 o alumnado rematou o curso cunha actuación a cargo do profesor de música do centro. A despedida deste curso foi especialmente emotiva para a nosa comunidade, posto que ademais de despedir ao alumnado de 4º curso tamén tocou despedirse do profesor de música. Desexámoslles o mellor a todos eles para o futuro despois da súa etapa no noso centro.
Alumnado e titora de 4ºA
Alumnado e titor de 4ºB
DÍA DO MEDIOAMBIENTE 2021
Para aportar o noso gran de area á loita medioambiental e celebrar o Día do medioambiente, organizamos coa participación de todo o alumnado e a gran maioría de profesorado unhas rutas de limpeza polo Concello de Outes o venres 4 de xuño. Pincha na foto para ampliar.
FINALISTAS NO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XURXO LOBATO
CIBRÁN PIÑEIRO (1º ESO) E DANIEL MAYO (3º ESO) FLAMANTES FINALISTAS NO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XURXO LOBATO!!!!!
O SEU MÉRITO É ENORME, POIS COMPETÍAN CON MÁIS DE 100 PERSOAS ADICADAS MOITAS DELAS AO ESTUDO DO AUDIOVISUAL!!!!!
CONCURSO ENTROIDO VIRTUAL 2021
Como xa sabedes, este ano o concurso de Entroido ímolo facer de xeito virtual.
As instruccións as tedes en Google drive, onde podedes acceder a través da vosa conta de correo do centro , a que termina en "@iespoetaanon.com".
Xa en google drive, tedes que facer click en "Compartido conmigo". Aparecerá un cartafol co nome "Concurso entroido virtual". Nese cartafol tedes as instrucións para a participación no concurso. ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!
LIMPEZA DE PRAIAS
Non quixemos deixar de participar na 2ª limpeza de praias simultánea que organizou o Concello de Outes como resposta á convocatoria feita pola asociación ecoloxista ADEGA. Para adaptarnos ao contexto COVID decidiuse a participación dun único curso, 2º ESO, presupoñendo a súa maior implicación co ambiente e a natureza polo feito de participar no Proxecto Climántica.
ENTROÍDO 2020
Un ano máis o alumnado do IES POETA AÑÓN celebrou a chegada do Entroído cun concurso de disfraces, eses foron os premiados. Atoparás máis fotos na galería.
PATIOS INCLUSIVOS
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »