Este foi o título da orixinal presentación que SERAFÍN MARCOS fixo da vida e obra do autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas:
VALENTÍN PAZ ANDRADE.
Este foi o título da orixinal presentación que SERAFÍN MARCOS fixo da vida e obra do autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas:
VALENTÍN PAZ ANDRADE.
Nesta semana das Letras Galegas, o alumnado de 2º de ESO tivo ocasión de visitar o Centro de Recursos para persoas Discapacitadas (CRD)
de Valadares - Outes-.
O IES Poeta Añón colabora na celebración do bicentenario do nacemento de Francisco Añón |
Durante os días 23 e 24 de maio desenvolveranse no IES Poeta Añón unhas Xornadas informativas dirixidas ao alumnado de 3º e 4º de ESO, PCPI, e EPA. Están tamén abertas para as familias interesadas no futuro escolar dos seus fillos. acceso ao programa
23 de maio as 19 horas. Opcións educativas e saídas profesionais.
24 de maio as 19 horas. Recursos para a mocidade de Outes.
Estas xornadas están incluídas dentro do programa de Actividades para a prevención do fracaso e redución do abandono escolar que organiza o Concello de Outes.
O Concello de Outes organiza unhas Actividades para a prevención do fracaso e redución do abandono escolar.
No seguinte folleto tedes a información sobre todas as actividades, os teléfonos e os lugares de contacto. folleto informativo
O alumnado de 1º de ESO traballou duramente dentro da materia de Proxecto Interdisciplinar coa idea de convertirse en investigadores autónomos, eficientes e respetuosos cos dereitos de autor. Hai que dicir que algúns se esforzaron máis que outros, pero de calquer xeito, todos tiveron a posibilidade de aprender a buscar información válida e contrastada, de organizala e de darlle o formato axeitado.
A 6ª edición do Concurso Gastronómico IES Poeta Añón, prolongada ata o 24 de abril, vén de rematar coa participación de 25 pratos (tanto doces como salgados) que nada teñen que envexar ás creacións dos grandes chefs do país.
No seguinte enlace tedes información sobre os premios que poderán conseguir os que presenten traballos para participar neste V congreso. enlace
Na semana do 16 ao 20 de abril terá lugar a tradicional semana gastronómica do IES Poeta Añón.
Ademais do premio da degustación para todos, haberá gustosos trofeos para os gañadores das categorias de doce e salgado nas que se pode participar. Todo isto sen esquecer o recoñecemento internacional.
Como novidade, este ano, xun to co prato haberá que presentar a receita do mesmo para a posterior publicación das mesmas
.
O día 26 de marzo as 19 horas haberá unha sesión informativa para presentar ao alumnado de EPA e PCPI (1º e 2º) as novedades que achega a reforma laboral recentemente aprobada.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |