CONCURSO BIBLIOTECA

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2016

Como cada dous anos temos que proceder á renovación de todos os sectores que compoñen o Consello Escolar. RESOLUCIÓN 26 09 2016

O primeiro punto é a constitución da Xunta Electoral que será a encargada de controlar todo o proceso electoral.

CAMBIO DO NÚMERO DE TELÉFONO

A semana pasada procederon á substitución do antigo sistema de telefonía por un novo que se integra na rede de datos. Isto implica un cambio nos números de teléfono dos centros educativos de Galicia e que xa non funcionen os anteriores.

Os novos teléfonos de contacto son:

LISTAS DEFINITIVAS DO FONDO DE LIBROS. Curso 2016-17

Publicamos os listados co alumnado admitido e excluido para recebir os libros do FONDO para 1º e 3º de ESO.

Lista definitva de admitidos.

Lista definitiva de excluidos.

INICIO DO CURSO 2016 - 2017. ESO

O próximo xoves 15 de setembro será a xornada de presentación  coa que daremos comezo ao novo curso.

De 11 a 12 horas o alumnado será recibido polos seus titores que lles darán a coñecer os horarios e os detalles necesarios para asitir a clase o venres, xa co horario normal do IES.

Para a xornada inicial do luns haberá transporte escolar adaptado a este horario.

Os lotes de libros do fondo serán entregados ao alumnado no momento que sexamos capaces de facelo. As listas definitivas de admitidos serán publicadas o día 15. A partir desa data empezaremos o reparto.

Os cheques para material escolar serán entregados o antes posible. Hai que ter en conta a imposiblidade que temos para atender simultaneamente os diferentes programas de axudas, implantar un novo sistema educativo e tendo como prioridade a escolarización do alumnado para comezar o día 15.

INICIO DO CURSO 2016 - 2017. ESA

O próximo 22 de setembro comeza o curso para o alumnado do módulo 3 de Educación Secundaria para Adultos.

Faremos a presentación as 19 horas.

Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2016/2017

No BOE do pasado sábado 6 de agosto de 2016 publicouse o extracto da convocatoria de axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o próximo curso 2016/2017. instrucións    web ministerio

O prazo remata o 29 de setembro.

AXUDAS DE LIBROS 2016-17

Listaxes provisionais do alumnado admitido e excluído do fondo de libros para o curso 2016-17.

Lista provisional de admitidos. Enlace

Lista provisional de excluídos. Enlace

Poderán presentarse alegación no IES ata o día 19 de xullo ás 13 horas.

As listas definitivas serán publicadas o 15 de setembro.

Xa poden recollerse no IES os cheques para material escolar (50€) de todo o alumnado de ESO que teña dereito a eles e os cheques para a adquisición de libros de texto do alumnado de 2º e 4º de ESO.

EXAMES DE SETEMBRO ESA. Curso 2015-16

Calendario dos exames de setembro de adultos. Enlace.

EXAMES DE SETEMBRO ESO. Curso 2015-16

Calendario dos exames de setembro. Enlace.

Powered by Drupal - Design by artinet