NOTICIAS SOBRE A CONTINUACIÓN DO CURSO 2019-2020

Resolución, do 22-05- 2020, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pola que se reinicia a actividade lectiva presencial no curso 2019-2020, se determinan as instrucións para o que resta do presente curso e se adoptan medidas de prevención e hixiene para a reapertura parcial nos centros de ensino non universitario dependentes da ConselleríaRetornase a actividade lectiva presencial, con carácter voluntario para o alumnado de segundo curso de Bacharelato e para os segundos cursos de Formación Profesional de grao Superior e de grao Medio, tanto en réxime ordinario como no caso de educación para adultos. O primeiro día de reinicio da actividade lectiva presencial será o 25 de maio, o ultimo será o 19 de xuño.

Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación  Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Orden EFP/365/2020, de 22 de abril, por la que se establecen el marco y las directrices de actuación para el tercer trimestre del curso 2019-2020 y el inicio del curso 2020-2021, ante la situación de crisis ocasionada por el COVID-19. Estamos a espera da publicación por parte da Consellería da concreción desta normativa para Galicia.

Orientacións provisionais do 17 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020 (Á espera da publicación da normativa estatal correspondente)

Comunicado do 13 de abril.

 

Ante as numerosas consultas recibidas sobre a evolución do presente curso escolar abrimos este apartado para ir publicando todas aquelas novas comunicadas pola Consellería de Educación que é quen ten competencias nesta materia.

Mañá venres, 3 de abril, sairán publicadas as notas da 2º avaliación en Abalar. Serán recibidas por aquelas familias que teñan descargada esta aplicación no móbil. Iremos enviando por correo electrónico os boletíns de notas ás familias que o soliciten ao correo do centro como indicamos hai algúns días. Lembrade, nome completo e DNI do alumno e do responsable que as solicita.

A día de hoxe non hai máis que opinións de diversos sectores políticos, sindicais, ANPAS, etc que están a aparecer nos medios de comunicación sobre que debemos de facer para continuar o curso. Desde a Consellería de Educación se nos remite á reunión que o 11 de abril terán os representantes do Ministerio de Educación cos representantes das Comunidades Autónomas con competencias en Educación para analizar a situación nese momento.

Ata ese momento, cando menos, calquera comentario non deixa de ser unha opinión, por moi acertado e responsable que nos pareza.

No instante no que se publiquen instrucións a cerca da continuidade do curso serán insertadas neste apartado.

Ata ese momento, moita calma e a cuidarse na casa para que voltemos todos con forzas.

 

Powered by Drupal - Design by artinet