2º ESO. ARTE NA IDADE MEDIA (2). ESTILOS.

Unha vez que xa coñecemos o vocabulario básico de arte debemos aprender a diferenciar os diferentes estilos artísticos da Idade Media: Prerrománico (Visigodo e Mozárabe), Islámico, Románico e Gótico. E para diferenciar non hai nada mellor que comparar. Eu, persoalmente, para estudar faría un cadro comparativo de todos os estilos de maneira que puidera visualizar de xeito fácil que teñen en común e que diferencia aos estilos.

Podedes utilizar o libro de texto e complementalo co material que colguei en EDIXGAL.

Do Románico e do Gótico fálanos o tema 4 do libro.

Da arte Prerrománica atoparemos información nas páxinas 17, 21, 154, 155, 156 e 157.

Da arte Bizantina na pax. 25 e da arte Islámica na páxina 33 e 128.

Ide facendo con calma. Colgarei en EDIXGAL algunha actividade interesante que atope por aí (ou non se non a atopo).

Para a semana máis...

Powered by Drupal - Design by artinet