1º ESO, 2º ESO E CULTURA CLÁSICA

Moita calma, que o prioritario é a nosa saúde e a das persoas que nos rodean.

Ante este confinamento obrigatorio ata nos virá ben ter cousas que facer para pasar o tempo e non nos aburrir.

Aproveitando que en 1º e 2º de ESO utilizades EDIXGAL intentarei ir poñendo material por esta vía. Non estou moi posta nisto así que tereime que poñer as pilas e só vos pido un pouco de paciencia. Por se acaso intentarei colgar o traballo tamén na aula virtual e na propia páxina web nese apartado que pon materiais para o alumnado. Como me consta que hai persoas que teñen problemas para acceder por esta vía podédesvos comunicar comigo a través do meu correo: anadesociais@gmail.com (super-orixinal, non?) ou pola mensaxería do facebook (tamén como ana de sociais; estou á última, eh! Guiño). Se a rede non colapsa estarei conectada todas as mañás de 10:00 a 13:00 por se tedes preguntas ou dúbidas (nada de “cotilleos” por esta vía).

Con respecto a 3º de ESO e Cultura Clásica só queda a vía da páxina web.

Pois nada máis; ide mirando de vez en cando a páxina do instituto.

Aproveitade para facer outras cousas como ler (libros, eh!,) debuxar, escribir ou calquera outra actividade creativa que non requira atordar a ninguén na casa.

Saúde e sorte!!

Powered by Drupal - Design by artinet