BENVIDOS Á BIBLIOTECA DO IES POETA AÑÓN
Inauguramos este curso un recuncho na páxina web do centro no que poderás:
- ATOPAR INFORMACIÓN SOBRE A ORGANIZACIÓN DA BIBLIOTECA.
- APRENDER A ATOPAR UN DOCUMENTO (LIBRO, DVD, COMIC, ETC...)
- CONSULTAR EN LIÑA O CATÁLOGO DE FONDOS.
- LER RECOMENDACIÓNS DE CINE OU DE LECTURA
- ATOPAR AXUDA PARA FACER UN TRABALLO...
... E MOITAS COUSAS MÁIS.
A nosa biblioteca está en permanente construcción, co obxectivo de dar servizo a toda a comunidade escolar ofrecendo recursos para a información, a lectura e a aprendizaxe. Dende o curso 2006-2007, está integrada no PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES, unha rede colaborativa de bibliotecas de centros educativos de toda Galicia.
Con esta nova ferramenta achegamos os nosos recursos a todos vós de xeito que, con so dispoñer dunha conexión a Internet, teredes acceso virtual ós nosos servizos. As vosas aportacións e suxestións servirannos, ademais, para mellorar os contidos desta nova páxina web.