ALUMNADO PREMIADO NO CONCURSO INTERNACIONAL CLIMÁNTICA

Continuando coa nosa colaboración en proxectos de concienciación medioambiental participamos no concurso internacional CLIMÁNTICA 2015.

Resultaron premiados os seguintes alumnos:

José del Río López, María Molinos Blanco, María Pérez Lago e Uxía Ramos Lestón.

Estes alumnos participarán no campus internacional que terá lugar no Centro Nacional de Educación Ambiental en Valsain (Segovia) do 3 ao 7 de setembro. Irán acompañados das dúas profesoras coordinadoras que asistirán ao congreso paralelo organizado para o profesorado.

Temos que dar a noraboa a todo o alumnado e profesorado que participou realizando e coordinando os traballos. Salientaremos especialmente o presentado por José del Río, A auga fonte de vida,  que foi o máis valorado polo xurado e só foi superado globalmente pola gran participación do alumnado de México na votación nas redes sociais. Repercusión na prensa.

Podedes ver todos os traballo e máis detalles deste proxecto no seguiinte enlace.

Powered by Drupal - Design by artinet