Mañá venres a partir das 11 da mañán, como remate da segunda avaliación, teremos unha actividade de tenis de mesa a cargo de especialistas das ligas nacionais deste deporte. Como prato forte contaremos coa participación do gran especialista internacional Sergei Nigeruk. Despois da exhibición o alumnado poderá comprobar o seu nivel competindo cos profesionais. Cos precedentes de anteriores actuacións contamos cun gran éxito de participación tanto de rapaces como de rapazas. Esta actividade é posible grazas ao patrocinio do Concello de Outes. galería de fotos |
O alumnado recibirá o boletín de notas que deberá entregar á volta das vacacións de Semana Santa.