O próximo luns 29 inauguraremos o noso Mercado ecosostible de roupa de segunda man.
O horario de atención será de 16:20 a 20:00 tanto o luns 29 como o martes 30 de abril.
Esperamos ter moitas visitas....e contribuir a cambiar os costumes da nosa comunidade educativa en canto ao consumo de moda de usar e tirar, que tanto dano supón para os recursos e o medioambiente en xeral.