Aquí pódese consultar a listaxe de libros por cursos para o próximo curso.
Tomando en conta que nalgúns Departamentos do centro, non hai aínda profesorado nomeado para o curso que vén e noutros pode haber profesorado que non utilice os materiais establecidos polo Departamento, é importantísimo non adiantarse a mercar os libros que levan indicado o aviso non mercar ata setembro.
Tamén recomendamos prudencia cos materiais de materias optativas de 3º e 4º de ESO, o noso centro ao ser pequeno e non ter alumnado mínimo suficiente non pode asegurar a creación de grupos para todas elas, é preciso agardar a setembro para confirmar as que poderá cursar o alumnado.