PETRÓGLIFOS DE FONTEMOUREIRA

Dende que falamos en ESA dos Petróglifos aló polo mes de setembro, tiñamos pendente unha visita aos que hai no concello. Despois de adiar a saída varias veces por cuestións laborais e meteorolóxicas, este venres por fin, puidemos visitar os Petróglifos de Fontemoureira. Temos que agradecerlle a protección civil do Concello que nos acompañasen e facilitasen o acceso a todo o alumnado, e máis a Nacho, o técnico de turismo, que nos ilustruo sobre os petróglifos e máis outros elementos patrimoniais do concello e da comarca.

                             

Powered by Drupal - Design by artinet