FONDO DE LIBROS - AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. Curso 2020-21

O pasado día 19 de maio foi publicada no D.O.G. a orde do 12 de maio de  2020 da Consellería de Educación convocando axudas para a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Dado que o centro está incluído no proxecto educación dixital, E-Dixgal, no curso 2020/21, o alumnado de 1º e 2º de ESO está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar.

Nos seus requisitos non hai novidades ao respecto de convocatorias anteriores:

  • Concédense axudas – vales- para adquisición de material escolar ou para participar no sistema de préstamo (fondo solidario).
  • Os libros collidos a comezo de curso, do fondo de libros, han de ser devoltos ata o 7 de xullo, en perfecto estado  para poder acollerse ós do vindeiro curso. Se o alumnado ten que presentarse na convocatoria de setembro os libros poderán devolverse ata o 7 de setembro.
  • Os límites de renda per cápita para optar ás axudas son: renda igual o inferior a 6000€ ou renda igual ou inferior a 10000€. As axudas para material escolar só se darán ás rendas inferiores a 6000€.
  • Para o cálculo da renda per cápita terase en conta a declaración do ano 2018 e a unidade familiar terá que ser acreditada por copia do libro de familia, e se este non reflicte a situación familiar na data de referencia, haberá que facelo con sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador, certificado ou volante de convivencia, informe dos servizos sociais do concello ou certificado de defunción.
  • Os efectos e a acreditación da discapacidade ten o mesmo tratamento que en anteriores convocatorias.
  • Cando non se autorice a consulta de identidade do solicitante deberá aportar copia do D.N.I. ou cando non  se autorice a consulta de datos tributarios deberá achegar a declaración do IRPF ou a falla del, certificado tributario.
  • Unha única solicitude recollerá a tódolos irmáns que estean no mesmo centro para os que se solicite axuda.
  • Haberá un só modelo de solicitude, que servirá para as dúas clases de axuda.

 En canto ao procedemento de tramitación:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros, ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.       

O prazo ÚNICO de presentación será ata o 19 de xuño

 

O modelo de solicitude de axuda  -anexo 1- está dispoñible na páxina web da Consellería de Educación e na sede electrónica da Xunta.As autorizacións dos membros da unidade familiar distintos do solicitantes figuran nesta convocatoria no Anexo II.

Tamén se poden descargar ao final desta páxina.

 

As listas provisionais e definitivas de admitidos e excluídos publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.

 

O día 10 de xullo serán publicadas as listas provisionais (haberá dous días para efectuar reclamacións).

O día 14 de setembro publicaremos as listas definitivas.

AdxuntoTamaño
AI_II_fondolibros2021.pdf1.63 MB
AII_comprobacionunidadefamiliar.pdf858.41 KB

Powered by Drupal - Design by artinet