Skip to Content

XIIIª Olimpíada Española de Xeoloxía: fase galega

O pasado mércores 16 de febreiro un grupo de oito alumnos do IES Perdouro (catro alumnos de 4º ESO, unha de 1º de Bacharelato e tres de 2º de Bacharelato) fomos a Ribadeo a participar na 13ª edición da Olimpíada Española de Xeoloxía. 
 
A primeira proba (que arrincaba ás 10:30h da mañá) disputouse na Praia das Catedrais ou de Augas Santas e consistiu nunha xincana por grupos. Nesta proba tiñamos que contestar a diversas preguntas sobre as estruturas xeolóxicas presentes na praia e identificar diversos tipos de rochas. 
 
Unha vez rematada a práctica, fomos comer e ás 15:00h reunímonos outra vez no IES Dionisio Gamallo de Ribadeo para realizar a proba teórica. Esta consistía nun exame no que non só debiamos ter coñecementos dos diferentes tipos de rochas, senón que tamén debiamos telos sobre a tectónica de placas, as estruturas xeolóxicas, etc. 
 
Mentres se corrixían os exames, o noso profesor, Fernando, aproveitou para falarnos un pouco das plantas que había no xardín do instituto. Ademais, tamén realizamos unha actividade co xeólogo Fran Canosa sobre os efectos da luz ultravioleta nas rochas, a cal resultou extremadamente sorprendente posto que estas adquirían unha cor moi intensa cando estaban expostas aos raios ultravioleta. Por último, asistimos á entrega de premios. 
 
Desgraciadamente o noso instituto non conseguiu ningún, pero todos nos atopabamos igualmente contentos posto que viviramos unha experiencia nova, aprenderamos moito e pasarámolo xenial. 
 
Podedes acceder a máis imaxes AQUÍ
 
Ramón Real González - 4ºESO A

Charla sobre Intelixencia Artificial da USC

O mércores 2 de febreiro, o alumnado de TIC de primeiro de Bacharelato e do ciclo de Instalacións de Telecomunicacións asistimos a unha charla sobre Intelixencia Artificial, impartida polo catedrático da USC Alberto Bugarín e polo profesor Alejandro Catalá; ambos os dous son investigadores do CITIUS.

Denomínase Intelixencia Artificial o sistema informático que simula o razoamento das persoas a partir de información nova e da toma de decisións; todo isto mediante o uso da lóxica e das matemáticas. No noso día a día empregamos a Intelixencia Artificial, aínda que nunca nos paramos a pensar niso. Un exemplo disto son os videoxogos, os cales van incrementando a súa dificultade a medida que o xogador vai adquirindo máis habilidades; ademais, poden empregar o coñecemento e perspectiva dos xogadores na súa contra. 

A I.A. (intelixencia artificial) ten diversas aplicacións en distintos ámbitos; por exemplo, empregámola para o recoñecemento de imaxes. Para isto son necesarios algoritmos que analicen todas as condicións e padróns (chámase adestramento). Pero entre todas estas vantaxes sempre sempre existe unha desvantaxe. Para ser capaz de recoñecer unha foto, a Intelixencia Artificial ten que buscar na base de datos e chegar a unha conclusión: acerta na maioría dos casos. A pesar de ser un sistema moi avanzado, podemos despistalo interpoñendo unha imaxe con ruído gráfico, facendo que sempre, por exemplo, recoñeza unha avestruz. 

As aplicacións da I.A. non se limitan a ese ámbito, xa que existen tradutores automáticos baseados nela; son tradutores moi avanzados pero, aínda así, teñen algúns defectos curiosos que é imprescindible corrixir. Estes defectos adoitan estar relacionados co xénero. Cando falamos de premios Nobel o tradutor sempre vai empregar o pronome masculino, xa que ten como fonte de coñecementos a base de datos e, como a maioría dos premios Nobel foron homes, chegou á conclusión de que esa persoa tiña que ser un home. Isto é o que ocorre cando se lle proporcionan datos desproporcionados. No tradutor non só ocorre isto, senón que tamén hai linguas como o turco e o finlandés que non teñen xénero e, ao traducilas á nosa lingua, o xénero que nos vai aparecer é o masculino. O desequilibrio de datos é un dos problemas máis habituais; un claro exemplo disto é o recoñecemento facial nun aeroporto. Se a maioría das persoas son de pel clara, a I.A. vai recoñecer soamente como persoas aquelas que se aproximen ao padrón establecido e o resto de xente, coa pel máis escura, non van ser persoas aos ollos desta intelixencia (e pasaría o contrario se nese aeroporto a maioría das persoas tivesen a pel máis escura: non recoñecería como persoas as de pel máis clara). 

O tema tratado nesta charla foi moi interesante, xa que a Intelixencia Artificial está cada vez máis presente no noso día a día e introducida en todo tipo de dispositivos. 

Ainhoa Mía Quiroz Huamán – 1º Bacharelato A

Taller de valentía profesional para o CM de Xestión Administrativa

Na semana do 21 de febreiro o alumnado de CM de XA participou nun taller sobre autocoñecemento, autoestima e motivación, para traballar actitudes que lles servirán para o mundo laboral. A formación foi impartida pola profesora do Ciclo, Yolanda Fernández. Esta é a crónica redactada por unha das participantes:

Los alumnos de 2º de CM de Xestión Administrativa hemos asistido al curso de valentía profesional impartido por el departamento de Administrativo. 

Nos ha parecido que el taller fue algo muy interesante y entretenido. La conclusión a la que llegamos todos juntos es que es esencial para el día de mañana. Nos ha hecho valorar cosas esenciales de la vida de uno, que no se aprecian en el día a día, ya que en la mayoría de los casos no nos paramos a pensarlo, por eso recomendamos que se haga con otras clases ya que ha sido una experiencia increíble. 

Muchas gracias, Yolanda.

Eli Sanches Monteiro. Alumna 2º CMXA

Taller de valentía profesional para CS de Administración e Finanzas

Na semana do 14 de febreiro o alumnado do CS de Administración e Finanzas recibiu formación sobre autocoñecemento, autoestima e motivación nun taller impartido pola súa profesora, Yolanda Fernández López. Adquiriron habilidades que lles servirán para o mundo laboral. Esta é a crónica redactada por unha das participantes:

Esta semana, tanto mis compañeros como yo, tuvimos la oportunidad de asistir a un taller de valentía profesional impartido por nuestra profesora Yolanda Fernández López. El taller se repartió en 6 horas durante la semana, cada cual más interesante ya que pudimos ser participes de actividades donde poníamos en valor nuestras fortalezas y aprendíamos a aumentar nuestra autoestima para afrontar todos los obstáculos que se interpongan en nuestro camino, tanto laboral como social. 

Nunca había realizado un autoconocimiento de mí misma, creo que puedo hablar por todos mis compañeros en este sentido, ya que en menor o en mayor medida no le damos la importancia que debería tener. Por el contrario, le damos excesiva relevancia a los estudios que tenemos pero, como dijo nuestra profesora, cuando finalicemos nuestros estudios, ellos no nos definirán como personas sino que nos definirán nuestras actitudes y como nos mostremos con ellas al mundo. 

Otra cuestión que trabajamos y sobre la que reflexionamos en el aula es cómo marcar y conocer nuestros objetivos, porque somos nosotros los que tenemos que definir nuestro camino sin dejar que nadie nos marque los pasos que debemos dar. Todos nos hemos dado cuenta de que hay objetivos que tenemos demasiado claros para nuestro futuro y es por ello por lo que debemos luchar desde ahora para poder conseguirlos, porque con dedicación y esfuerzo podremos conseguir todo lo que nos propongamos.

Finalmente, cabe destacar la importancia que le da nuestro profesorado a la educación emocional ya que, hasta hace relativamente pocos años, no se trabajaba en ello en las aulas. Trabajar este tipo de cuestiones mejora al autoconocimiento, la autoestima o la motivación y sobre todo en adolescentes como nosotros que estamos a las puertas de la vida laboral. 

Gracias al profesorado por realizar este taller y especial mención a Yolanda por impartirlo. 

Saray Artime López, alumna del Ciclo Superior de Administración y Finanzas.

Exposición 8M no Centro de Saúde: IES Perdouro pola igualdade

Este luns 7 de marzo estreamos exposición no Centro de Saúde de Burela. 

A traballadora social do centro sanitario solicitou a nosa axuda para visibilizar con mensaxes do alumnado a celebración do Día Internacional da Muller. Grazas á colaboración do Departamento de Educación Plástica Visual e Audiovisual e ao Departamento de Lingua e Literatura galega, o alumnado de 1º e 4º ESO redactou lemas e deseñou coloridas mans portando vistosas mensaxes. 
 
Os traballos foron colocados en varias estancias do Centro de Saúde de Burela. Alí podedes visitar esta fermosa exposición na que se reivindica o papel da muller de forma positiva. 
 
Accede ao álbum fotográfico AQUÍ
 
 

Comeza o mes da muller no IES Perdouro

 

Premios do desfile de Entroido 2022

Este ano celebramos o Entroido dun xeito diferente. Como non era posible que todos nos xuntásemos, cada curso que se inscribiu no desfile foi pasando pola carpa para realizar a súa actuación. 
Os premios para as mellores actuacións foron:
  • Máscara de Ouro para 4º ESO A - Pedriño Pan
  • Máscara de Prata para 3º ESO A - Psicomotronic
  • Máscara de Bronce para 1º Bacharelato B - As profesións
 
 
Os premios para os mellores disfraces de cada curso foron para:
  • 1º ESO B - Clash Royale
  • 2º ESO B - O enterro
  • 3º ESO B - Mario Kart
  • 4º ESO B - Xoguetes Story
  • 1º BAC B - As profesións
Premio especial ao grupo con máis mérito para Uxía, Nicole, Carla e Lara pola súa valentía ao ser as únicas representantes do seu curso:
  • 2º ESO C - Noroeste
Un agradecemento especial ao CM de Instalacións de Telecomunicacións que fixo posible a emisión do evento e a decoración da carpa
 
Parabéns a todos pola vosa participación e moitas grazas por vivir o Entroido con tanta alegría!!
 
Podes acceder ao álbum de fotos AQUÍ.

Votación do público Entroido 2022

Aquí tedes o enlace para votar ao grupo que máis vos gustara unha vez rematadas as actuacións. 

Os presentadores do evento indicarán cando é posible comezar a votar. 

Entra no enlace e clica no teu grupo favorito: 

https://live.voxvote.com/?pin=147165&autosubmit=true#/waiting

Que haxa sorte e que viva o Entroido!!

Día de Rosalía 2022

 O 23 de febreiro celébrase o aniversario do nacemento da nosa poetisa máis coñecida, Rosalía de Castro. Este ano modificouse a data da conmemoración do Día de Rosalía, que antes se celebraba o 24 de febreiro, día do seu bautismo. Agora sábese que ela naceu o 23 de febreiro, razón pola que se cambiou o Día de Rosalía para esta data. 

Para coñecer algo máis a obra desta autora, o alumnado de 3º ESO e 1º de Bacharelato asistirá a un recital musicado que terá lugar ás 13:15h na Casa da Cultura de Burela. 

Por outra banda, rapazas e rapaces de 4º ESO elaboraron videopoemas con versos da autora. Presentámosmovos o de Laura González Freire e o de Silveria Patricia Varela Rocha. 

 

 

Podedes ver tamén nestes enlaces os videopoemas de Paula López Martínez e Sara Pedreira González.

Organización do desfile de Entroido

O venres 25 a partir das 11:00h comezará a celebración do Entroido. 

Un alumno do CM de Instalacións de Telecomunicacións irá buscar a cada grupo para que á hora da súa actuación estea na carpa. 

O venres durante a 1ª hora enviaranse aos titores dous enlaces para aloxar no espazo de Titoría da Aula Virtual ou de E-Dixgal: 

- Un para que nas aulas se poida ver o desfile en directo por Twitch

- e outro a unha plataforma para que o alumnado poida realizar a votación do público desde a aula ao remate do desfile. 

Poderanse ver dese modo as actuacións desde as 11:00h ata última hora seguindo o horario que se axunta.



by Dr. Radut