Skip to Content

Cursos anteriores

Xubilación de Lamas

Enlace para ver o álbum fotográfico da xubilación de Lamas. O álbum é privado e só o poden ver os profesores. Para poder acceder ó álbum o contrasinal é:  pfloriani  

Información Recursos TIC


 

Portal Galego de Contidos Educativos

  • Aquí atoparás recursos TIC de todas ás áreas e niveis. A este sitio tamén podes acceder a traves da páxina de inicio da WEB do noso centro (menú superior "CONTIDOS")

 

Hot Potatoes


JClic


Software libre para Windows


 

Software gratuito para edición e conversión entre distintos formatos de audio e vídeo (inclue unha aplicación para baixar vídeos de youtube).


Actividades

Pais/Nais

 

Préstamo

 

Cal é o teu libro favorito?

Tés que ler algunha obra para literatura, historia, física, filosofía, cultura clásica?

Gústache a banda deseñada? Sabes que para moitas persoas os cómics de Astérix e Tintín foron a mellor compañía para aprender a ler noutro idioma? Coñeces o humor do Carrabouxo, de Mafalda ou de Maitena? Gustaríache ler o periódico da antiga Grecia ou da antiga Roma?

Necesitas bibliografía para preparar un traballo?

Na biblioteca temos moitos libros que podes levar prestados. O que tés que facer é:

Carné

Se aínda non tés ficha no ordenador da biblioteca, pídelle á/ó profesor/a que estea de garda que cho faga. Ademais do teu nome e apelidos terás que dicirlle o teu número de carné de identidade, así que non esquezas traelo (e, xa que estamos nestas, a que esperas para aprendelo de memoria???)

Préstamo

Podes ter un máximo de tres libros prestados. Se queres pedir outro terás que devolver algún antes.

O prazo para devolvelo é de quince días.

Renovación

Se aínda non remataches a lectura cando termine o prazo, volve pasar pola biblioteca para renova-lo préstamo, e trae o libro porque che terán que anotar nel a nova data de devolución.

As normas din que non se pode renovar o préstamo por segunda vez, porque pode haber outras persoas que queiran pedir ese mesmo libro. Pero, por se acaso, pregunta, xa que frecuentemente se permite unha nova renovación se o libro non está en lista de espera.

Non poderás pedir outra obra prestada se levas retraso na devolución ou renovación dun préstamo anterior. Ponte ó día, renova ou devolve o que teñas atrasado, e leva feliz o seguinte libro.

Coida os libros

As editoriais esfórzanse moito para que o libro sexa algo agradable de ter na man, de levar contigo, de manexar. Pagamos libros máis caros que se fosen de papel cutre, para que che gusten. Pero un libro mal tratado se atasca nas mans, non gusta collelos e son máis aborrecidos e difíciles de entender. Non é o mesmo que cando o libro se gasta polo uso, que colle o aspecto dun obxecto familiar e agarimoso.

E, non menos importante, evitarás que en casa che desconten da paga semanal o prezo dun libro novo QUE TERÁS QUE PAGAR se o perdes ou o estragas.

Vémonos aló
Grazas por usares a biblioteca.
Traballamos para ti.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut