Skip to Content

Cursos anteriores

ACHÉGASE SAN VALENTÍN

Puede ser una imagen de Unha ou máis persoas e texto que dice "DÍA DE SAN VALENTÍN Demostra o teu amor... EN GALEGO Escribe túg carta de amor_en_galego. Indica o nome da persoa destinataria seu curso. Deposítaa na caixa de correo da entrada. Prazos e condicións Equipos de Dinamización da Lingua Galega •Data límite: 10 de febreiro As cartas serán revisadas, como todos anos, para evitar contido inapropiado ou faltas de respecto. Reparto de cartas: 19 de febreiro os"

PREMIO DE AMNISTIA INTERNACIONAL

Parabéns para a nosa alumna Alba Roza quen recibiu a semana pasada o premio polo haiku gañador da última convocatoria do Concurso de Microrrelatos e Haikus dos centros de Educación Secundaria da zona Sur da provincia de Pontevedra, na categoria de autoras ou autores entre 12  e 13 anos (Haiku).

Nos días grises
só unha luz haberá
"A LIBERDADE"

BOLBORETAS NO 25 NOVEMBRO

ADIAMENTO RENOVACIÓN CONSELLOS ESCOLARES

A situación derivada do empeoramento da crise sanitaria xerada pola pandemia do COVID-19 levou ás autoridades sanitarias a ditar a Orde do 21 outubro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia. Neste contexto, coa finalidade de preservar a saúde das persoas e evitar aglomeracións, faise necesario o adiamento da convocatoria de eleccións ao consello escolar de centros docentes sostidos con fondos públicos de ensino non universitario.

RESOLUCIÓN DO 22 DE OUTUBRO DE 2020, DA SECRETARÍA XERAL DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL, POLA QUE SE ADÍA A CELEBRACIÓN DE ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DOS MEMBROS DOS CONSELLOS ESCOLARES DE CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS.

ABERTO O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE BOLSAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

Estimadas familias:
Informámosvos de que o prazo para presentar as solicitudes de Bolsas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2020/21 está aberto ata o 30 de setembro de 2020.

Para solicitar cita coa orientadora e presentar a axuda posteriormente en Secretaría podedes escribir ao correo electrónico citapreviafloriani@gmail.com

->Acceso á Resolución publicada no BOE e á web do Ministerio sobre as axudas.

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2020 - 2021

Achéganse os libros de texto por cursos e materias para o vindeiro curso 2020 - 2021.

En primeiro da ESO temos concedido por primeira vez o proxecto E-Dixgal, polo que non haberá libros de texto para mercar.

CALENDARIO EXAMES DE SETEMBRO 2020

Martes 1

Materias de

2ºBach, 1º Bach, 4ºESO, 3ºESO, 2ºESO, 1ºESO, Pendentes

Final extraordinaria de módulos de 1º FP básica electricidade e electrónica

09:00-10:00

Lingua e Literatura Castelá

Comunicación e Sociedade I

10:00-11:00

Lingua e Literatura Galega

11:00-12:00

Economía

Iniciación a actividade empresarial

EPVA

Instalacións eléctricas e domóticas

12:00- 13:00

Inglés

13:00- 14:30

Matemáticas (Académicas e Aplicadas)

Equipamentos eléctricos e electrónicos

17:00-18:00

Filosofía

Historia da Filosofía

Relixión

18:00-19:30

Xeografía e Historia

Hª do Mundo Contemporáneo

Mércores 2

Materias de

2ºBach, 1º Bach, 4ºESO, 3ºESO, 2ºESO, 1ºESO, Pendentes

09:00-10:00

Educación Física

10:00-11:00

Bioloxía e Xeoloxía

11:00-12:00

Tecnoloxía

12:00- 13:00

Física e Química

13:00- 14:30

Música

Francés

EXPOSICIÓN INSTRUMENTOS MUSICAIS

Instrumentos feito con obxectos reciclados por alumnado de 2° ESO.
Como non foi posible facer unha exposición presencial, aí vai unha mostra do traballo dos noso alumnado.

INTERCAMBIO DE CORRESPONDENCIA CON FRANCIA

Mensaxes do IES Pedro Floriani

Baixo a coordinación da nosa profesora de francés, María José Carballo, o noso instituto participa nun intercambio de mensaxes cun colexio da Bretaña francesa, o Collège La Providence. Son dúas "padlets" nas que suben os seus comentarios e ás que podes acceder a través destas ligazóns:

Mensaxes do noso alumnado

Mensaxes do alumnado da Bretaña francesa

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA MAIORES DE 18 ANOS

A primeira convocatoria da proba para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos celebrarase o día 7 de setembro do 2020.

Prazo de matrícula: O prazo de matrícula para a primeira convocatoria será do 1 ao 8 de xullo de 2020, ambos os dous incluídos.

Publicación das cualificacións O dia 14 de setembro de 2020, no enderezo web http://www.edu.xunta.gal farase pública a listaxe de cualificacións provisionais da primeira convocatoria.

A listaxe definitiva de cualificacións será publicada o dia 22 de setembro de 2020 no portal de educación da Xunta.

Máis información.

Distribuir contido


by Dr. Radut