- Montar ou ampliar equipos informáticos e periféricos, configurándoos, asegurando e verificando o seu funcionamento.
- Instalar e configurar software base, sistemas operativos e aplicacións asegurando e verificando o seu funcionamento.
- Montar os elementos compoñentes das infraestruturas e instalacións (canalizacións, cableado, armarios, soportes, entre outros) utilizando técnicas de montaxe.
- Instalar os equipos (cámaras, procesadores de sinal, centrais, entre outros) utilizando ferramentas de programación e asegurando o seu funcionamento.
- Manter e reparar instalacións e equipos realizando as operacións de comprobación, axuste ou substitución dos seus elementos e reprogramando os equipos, restituíndo o seu funcionamento.
- Verificar o funcionamento da instalación ou equipo realizando probas funcionais e de comprobación, para proceder á súa posta en servizo.