PROFESOR: José Mª Rey Gorís
O Módulo profesional: infraestruturas comúns de telecomunicacións en vivendas e edificios ten una duración de 123 horas, cos seguintes obxetivos:
a) Identifica os elementos de infraestruturas comúns de telecomunicacións en vivendas e edificios, e analizar os sistemas que as integran.
b) Configura pequenas instalacións de infraestruturas comúns de telecomunicacións para vivendas e edificios, para o que determinan os elementos que a conforman e selecciona compoñentes e equipamentos.
c) Monta instalacións de infraestruturas comúns de telecomunicacións para vivendas e edificios, para o que interpreta documentación técnica e aplica técnicas de montaxe
d) Verifica e axusta os elementos das instalacións de infraestruturas comúns de telecomunicacións tendo en conta a medida dos parámetros significativos e a interpretación dos seus resultados
e) Repara instalacións de infraestruturas de telecomunicacións aplicando técnicas de corrección de disfuncións e, de ser o caso, de substitución de compoñentes, tendo en conta as recomendacións de fábrica
f) Cumpre as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental, e identifica os riscos asociados, así como as medidas e os equipamentos para os previr.
Para a consecución dos obxetivos dividiremos o curso en dous grandes bloques de estudo:
1) Normativa sobre infraestruturas comúns para servizos de telecomunicación en edificios (ICT).
- Antenas terrestres e parábolas, mastros, torres e accesorios de montaxe.
- Equipamento de cabeceira. -
- Elementos para a distribución.
- Instalacións de antena de televisión e radio individuais e en ICT: elementos e partes, tipoloxía e características
- Conceptos básicos no cálculo de instalacións de ICT.
- Ferramentas informáticas para o cálculo das instalacións de ICT.
2) Configuración de instalacións de comunicación entre o exterior e o interior das vivendas e dos edificios de vivendas, e de instalacións de telefonía.
- Equipamentos e elementos.
- Medios de transmisión: cables, fibra óptica e elementos de interconexión en instalacións de telefonía e intercomunicación.
- Simboloxía nas instalacións de telefonía e intercomunicación.
ENLACES DE INTERESE.
- https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2011-5834 (normativa ICT en vigor)
- https://docs.televes.com/web/catalogo/pdf/Guia%20de%20Producto_2018_Televes_ES.pdf (catálogo Televes)
- https://www.tdt1.com/canales-pontevedra/ (canales TDT Pontevedra)
BLOGS PERSONALES:
- http://tecnicoelectronico54.blogspot.com/
- http://siempremusica54.blogspot.com/