Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Xullo 1, 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2
3
4
5
Start: 05/07/2019 11:19

 

ANDAINA DE CONVIVENCIA

Como vén sendo costume, botámonos a andar ao principio de curso. Nesta Xornada de Convivencia celebrada no último martes de setembro, todos o membros do centro percorremos a pé a costa entre Camelle e a Praia de Soesto. Foi unha boa  excusa para coñecer un pouco máis aos nosos compañeiros compartindo conversas neste singular espazo natural. Rematamos a xornada repoñendo forzas cun pic-nic na mesma Praia de Soesto e disfrutando distendidamente do bo tempo todos xuntos.

Start: 05/07/2019 11:25

CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS

Aprazada ata en dúas ocasións por mor do mal tempo, finalmente puidemos celebrar o venres 11 de Xaneiro, a tradicional carreira de Campo a Través no Estadio Municipal de Cee. Esta actividade está organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte dentro do Plan Xogade e congrega ao alumnado de todos os centros escolares de primaria e secundaria da bisbarra.

Desde os máis cativos de primaria ata os maiores de secundaria, resulta moi fermoso ver a tal cantidade de participantes afanándose por cubrir o seu obxectivo grazas ao seu propio esforzo físico.

Start: 05/07/2019 11:30

GYMKANA DO SAMAÍN

Na noitiña do Samaín corremos dabondo….non de medo, pero si para atopar  tesouros agochados por todo o instituto. Organizamos unha Gymkana na que cada equipo tiña que atopar respostas, resolver adiviñas e desenvolver retos entre carreira e carreira competindo co resto dos equipos. Foi moi divertido!....

 

Start: 05/07/2019 11:34

CURSO DE DEFENSA PERSOAL

Como novidade, este ano tivemos a oportunidade de aprender e practicar algunhas das técnicas básicas de defensa persoal co fin de afrontar situacións ameazantes e embarazosas controlando o estrés. Resultou sorprendente comprobar cómo sair airadamente de situacións agobiantes aplicando técnicas sinxelas, con pouco esforzo e moito sentido común.

O curso foi posible grazas á colaboración do Concello de Camariñas.  Puidemos contar coa presencia dun técnico experto nestas habilidades ao longo do segundo trimestre durante varias sesións semanais en grupos reducidos.

Start: 05/07/2019 11:39

DANZAS NO FESTIVAL DO ENTROIDO:

Como ven sendo habitual, celebramos a chegada do entroido desenvolvendo actividades cun espíritu festivo, pero cheas de intencionalidade. Tradición, cultura, música, danza, estética, actividade física e diversión son mesturadas na confeción dunha danza colectiva. Coa guía das titorías, cada un dos grupos-clase do centro confecionou unha coreografía grupal para participar no festival do entroido deste ano. O resultado unha vez máis, foi espectacular…e moi divertido.

 

Start: 05/07/2019 11:44

CONSTRUCIÓN DUN SENDEIRO NO CENTRO

Diseñar o seu trazao, presentalo sobre o terreo, limpar a maleza , achandar o terreo con maquinaria primeiramente e manualmente despois, aplicar unha malla sintética e unha capa de zahorra finalmente foi a secuencia de traballos realizados para poder gozar desta nova instalación.

Esta obra foi posible grazas á colaboración do equipo directivo de centro e do departamento de Xeografía e Historia que promoveu a súa construción dentro das tarefas do Proxecto Terra  que levou a cabo durante este curso.

Esta instalación vai permitir desenvolver moitas das actividades habituais da materia de Educación Física e un lugar de ideal para o tempo de lecer.

Foi unha agradable sorpresa contar con tal cantidade de alumnado voluntario colaborando ademáis, de xeito tan entusiasta, nas tarefas de acabado do sendeiro. Carretillas, palas, sachos e angazos foron manexados sin desalento. Mellor que nunca, pódese dicir que “a unión fai a forza!”.

Start: 05/07/2019 11:47

CURSO DE ACTIVIDADES NAÚTICAS

Que afortunados nos sentimos ao poder contar coa posibilidade de desenvolver esta actividade de introdución ás actividades e deportes naúticos. Un ano máis, a Escola de Vela do Concello de Camariñas convidounos a participar nestas actividades para mellorar as habilidades e destrezas do noso alumnado de 1º de ESO no medio acuático. Manexaron embarcacións de vela lixeira (catamarán, omega, raquero, snipe, 420 e optimist) e embarcacións a remo como kayak.

Estas actividades desenvolvéronse en horario lectivo na tarde dos martes durante 5 sesións durante os meses de marzo (días 12 e 26) e abril (días 2,9,23 e 30). Agradecemos a colacoración do Concello de Camariñas movilizando tal cantidade de recursos materiais e humanos para desenvolver actividades de tal natureza.

Start: 05/07/2019 11:50

ESCALADA EN ROCÓDROMO

O noso alumnado de 2º de ESO desprazouse ata a cidade da Coruña para desenvolver un programa de actividades complementarias organizadas polo departamento de Física e Química. Aproveitando esta ocasión, fixemos unha visita ao rocódromo de AMI (Asociación de Montañeiros Independentes) nesta cidade, para iniciarnos en actividades relacionadas ca escalada.

Puidemos empregar arneses, mosquetóns, cordas e nós, presas e diferentes ténicas deste deporte pero, sobre todo,familiarizarnos con este tipo de instalacións modernas. Pasámolo moi ben cos monitores que nos guiaron e animaron durante toda a hora da visita. Hai que repetir!.

Start: 05/07/2019 11:53

INTERCAMBIO CO IES RAMÓN MARÍA ALLER ULLOA DE LALÍN

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro, en varias ocasións leva organizado xornadas de intercambio intercentros de toda Galicia. Estas xornadas teñen a intención, entre outras, de coñecer as distintas falas e variacións dialectais da nosa Comunidade. Desta volta, fixemos o intercambio con este centro de Lalín e o Departamento de Educación Física colaborou no desenvolvemento destas dúas xornadas de convivencia organizando diversas actividades físicas e lúdicas destacando a andaina polo “sendeiro do Deza” entre as Fervenzas do Toxa e o Mosteiro de Carboeiro (comarca de Lalín) e a andaina polas inmediacións do cabo Vilán (comarca de Camariñas).

Estas xornadas foron desenvolvidas o día 2 de maío en Lalín e o día 16 do mesmo mes en Camariñas. Como se ve nas fotos, fixeron boas migas!.

Start: 05/07/2019 11:59

ROTEIRO DE SANTA MARIÑA DE AUGAS SANTAS

Despois de pernoctar na vila ourensá de Allariz, desprazámonos ata a aldea de Santa Mariña de Augas Santas onde nos recibiu unha guía que nos deu a coñecer os principais detalles do seu conxunto histórico-artístico. Comprobamos como están a recuperar esta aldea de arquitectura típica galega, coñecimos a súa fermosa igrexa e a famosa lenda de Santa Mariña; camiñamos pola pola calzada romana visitando varios lugares de interese: nas excavacións arqueolóxicas do castro de armeá din que se asentaba a segunda cidade máis grade de toda Galicia da época romana; coñecimos o “forno da santa”, unhas termas castresas reconstruídas posteriormente polos romanos, situadas nunha cripta baixo os restos dunha basílica templaria. Continuamos visitando os restos arqueolóxicos do Monte do señoriño; unha especie de “estación de peaxe” á veira da antiga calzada. Impresionante!

Grazas a esta visita compredimos que hai unha inmensa riqueza arqueolóxica, histórica e cultural dos nosos ancestros por descubrir e coñecer. Axúdanos a ser conscientes do que temos debaixo dos nosos pés e a valorar o que temos.

 

 

 

 

6
7
Distribuir contido


by Dr. Radut