Benvida

Benvidos á web do IES Ramón Otero Pedrayo

 

IES Ramón Otero Pedrayo - 15005002

Horario lectivo do centro: 8:45 a 14:15 e 16:20 a 18:00 (tarde do martes). O alumnado pode acceder ao recinto escolar vinte minutos antes do inicio do horario lectivo. Período de recreo: 11:15-11:45.  

Horario de administración: 8:30-14:00.

Contacto
IES Ramón Otero Pedrayo
Avda de Monelos 10A
15008 A Coruña
881 960 960
ies.otero.pedrayo.coruna@edu.xunta.gal

Arredor de Nós: a revista escolar do IES Otero Pedrayo

Xa está nos mellores quioscos Arredor de Nós, a revista escolar do IES Otero Pedrayo. O número 1 da revista, correspondente ao curso 2023/24, foi coordinado pola profesora Rosalía Ferreiro.

Cincuenta e sete páxinas a toda cor cheas de:

  • Incríbeis debuxos.
  • Magníficos microrrelatos.
  • Estupendos pasatempos.
  • Recomendacións literarias para as catro estacións.
  • Sisudas entrevistas a vellas glorias do centro.

E moitos outros artigos do máximo interese que poderán descubrir nas súas páxinas. Nada mellor para despedir o curso! (enlace á revista en pdf)

Comedor Escolar 2024/25

11 de setembro comeza o servizo de comedor. 

Xestionado pola ANPA a través de empresa de catering. 

As inscricións de inicio de curso para darse de alta no mesmo pódense facer entre o 17 de xuño e o 31 de xullo, ambos incluídos, a través da plataforma online.

(Máis información e inscrición)  

Libros de texto - curso 2024/2025

 

LIBROS DE TEXTO

No seguinte documento adxunto pode consultar a relación de libros de texto e outro material curricular para o curso 2024-2025 para cada un dos niveis educativos.

Os libros en préstamo do fondo solidario serán entregados ao alumnado entre o 11 e o 20 de setembro de 2024.

Libros de texto 2024-2025

Próximo remate prazo Fondo solidario libros e axudas material escolar 2024/2025

Lembramos  que o prazo para a solicitude do fondo de libros e axudas de material escolar para o curso 2024-2025 remata o 21 de xuño de 2024.

CONVOCATORIA de FONDO LIBROS e AXUDAS para MATERIAL para o curso 2024-25: Orde do 7 de maio de 2024

Solicitude do procedemento ED330B, dispoñible no portal educativo, na sede electrónica da Xunta de Galicia e nas oficinas do centro.

Manual do cidadán - presentación telemática (enlace)

Prazo de matrícula - curso 2024/2025

prazo de matrícula para o curso 2024/2025 abranguerá, segundo a normativa vixente, do 23 de xuño ao 7 de xulloSe unha vez finalizado o prazo de matrícula esta non se formalizase, terase por decaído no seu dereito á praza obtida.

Atención preferente nas datas seguintes en horario de 8:30 a 14:00h para a matrícula nos seguintes niveis:

1º ESO - 25 26 de xuño.

2º ESO - 3,4 e 5 de xullo.

3º ESO - 1 de xuño2 e 3 de xullo.

4º ESO - 27 e 28 de xuño. 

O alumnado do centro recibirá o sobre de matrícula coas notas o 26 de xuño. Para os alumnos/as de nova incorporación a secretaría do centro facilitaranlle os impresos necesarios para formalizar a matrícula. Tamén se pode descargar o formulario para a solicitude de matrícula dende esta páxina web, no menú de Secretaría, Impresos e formularios . Unha vez cumprimentado deberá ser entregado na secretaría do centro xunto co resto da documentación. Pódense descargar tamén outros formularios para solicitudes varias, transporte, taquillas...

INSTRUCCIÓNS DE MATRÍCULA 

Entrega de notas avaliación final

entrega de notas da avaliación final terá lugar o mércores 26 de de xuño nas respectivas aulas de cada grupo, no horario seguinte:

10.00 h – 1ºA, 2ºA, 3ºA, 4ºA

10.45 h – 1ºB, 2ºB, 3ºB, 4ºB

11.30 h – 1ºC, 2ºC, 3ºC, 4ºC

12.15 h – 2ºD, 2ºE, 3ºD, 3ºE e 4ºD 

Publicación de notas en abalar á 13:00h.

Farase entrega ademais dos consellos orientadores ao alumnado de 2º e 4º de ESO, así como a aqueles alumnos/as propostos para a Formación Profesional Básica e PDC (Programa de Diversificación Curricular). Entregarase igualmente certificación de estudos ao alumnado de 4º de ESO que titula. Ao resto do alumnado levará o sobre de matrícula cos impresos necesarios.

O prazo de reclamacións abranguerá os días 27 e 28 de xuño de 9:00 a 13:00h. O profesorado estará dispoñible para as posibles aclaracións sobre as cualificacións.

Devolución portátiles, libros de texto, chaves e cadeados taquillas

Devolución de libros do fondo solidario e de libros prestados polo centro, cadeados e chaves taquillas:

XOVES 20 de xuño: Alumnado de 3º e 4º de ESO 

VENRES 21 de xuño: Alumnado de 1º e 2º de ESO

Recollerase todos os libros do fondo solidario do curso actual nas datas indicadas. O alumnado irá grupo a grupo facendo a devolución completa do seu lote. É imprescindible para poder optar ao fondo solidario do vindeiro curso 2024/2025No caso de libros en propiedade, se alguén quere donalos ao fondo, pode achegalos nas mesmas datas.

Ao mesmo tempo aqueles alumnos/as que fixeron uso das taquillas devolverán cadeado e chave da mesma, recibindo a devolución da fianza nos casos en que non haxa deterioros.

O VENRES 21 o alumnado de 1º de ESO que cause baixa no centro devolverá os equipos E-Dixgal (portátil, funda e cargador). Entrega en administración.

BICENTENARIO DA ESTREA DO "HIMNO DA ALEGRÍA"

No IES Ramón Otero Pedrayo celebrouse o bicentenario da estrea da «Novena sinfonía» coa interpretación da peza a cargo de máis dun centenar de alumnos da ESO baixo a dirección do profesor de música Juan Pérez Berná.

Facendo clic na imaxe accederás a un vídeo da representación

Fondo solidario e axudas para a adquisición de material escolar 2024/2025

CONVOCATORIA de FONDO LIBROS e AXUDAS para MATERIAL para o curso 2024-25: Orde do 7 de maio de 2024

Solicitude do procedemento ED330B, dispoñible no portal educativo, na sede electrónica da Xunta de Galicia e nas oficinas do centro.

Manual do cidadán - presentación telemática (enlace)

Fondo Solidario de libros de texto.
- Alumnado admitido/matriculado en  e  de  ESO durante o ano escolar 2024-25. O alumnado de 1º e 2º de ESO non o pode solicitar xa que participará no proxecto educación dixital (E-DIXGAL).
- Asignaranse por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar. 
- Terá preferencia o alumnado que estea en garda/tutela da Xunta de Galicia e o que teña discapacidade igual ou superior ao 65%
- Garantirase o mínimo de 6 libros nos casos de renda per cápita menor ou igual a 6000 €, garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade maior ou igual ao 65%; e de 4 libros nos casos de renda per cápita menor ou igual a 10 000 €.

Axudas para adquisición de libros de texto.

Alumnado de EE ou cunha discapacidade superior ou igua lao 65%. 300€.
Alumnado de ESO con NEAE, 270€ nos casos de renda per cápita familiar igual ou inferior a 6000 € (ou en garda ou tutela Xunta);  e 180€ nos casos de renda per cápita menor ou igual a 10 000 €.

Axudas para adquisición de material.

Alumnado matriculado durante o ano escolar 2024-25 e con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6000 €.
- O importe da axuda será de 75 € os casos de renda per cápita familiar igual ou inferior a 6000 € (discapacidade maior a o 65% ou en garda ou tutela Xunta); 60€ nos casos de renda per cápita menor ou igual a 10 000 €.

Prazos.
- Prazo único de solicitude do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024, ambos inclusive. 

Distribuir contido