Devolución portátiles, libros de texto, chaves e cadeados taquillas

Devolución de libros do fondo solidario e de libros prestados polo centro, cadeados e chaves taquillas:

XOVES 20 de xuño: Alumnado de 3º e 4º de ESO 

VENRES 21 de xuño: Alumnado de 1º e 2º de ESO

Recollerase todos os libros do fondo solidario do curso actual nas datas indicadas. O alumnado irá grupo a grupo facendo a devolución completa do seu lote. É imprescindible para poder optar ao fondo solidario do vindeiro curso 2024/2025No caso de libros en propiedade, se alguén quere donalos ao fondo, pode achegalos nas mesmas datas.

Ao mesmo tempo aqueles alumnos/as que fixeron uso das taquillas devolverán cadeado e chave da mesma, recibindo a devolución da fianza nos casos en que non haxa deterioros.

O VENRES 21 o alumnado de 1º de ESO que cause baixa no centro devolverá os equipos E-Dixgal (portátil, funda e cargador). Entrega en administración.