IES Ramón Otero Pedrayo - A Coruña |
|
NavegaciónIniciar sesión |
Prazo de matrícula - curso 2024/2025O prazo de matrícula para o curso 2024/2025 abranguerá, segundo a normativa vixente, do 23 de xuño ao 7 de xullo. Se unha vez finalizado o prazo de matrícula esta non se formalizase, terase por decaído no seu dereito á praza obtida. Atención preferente nas datas seguintes en horario de 8:30 a 14:00h para a matrícula nos seguintes niveis: 1º ESO - 25 e 26 de xuño. 2º ESO - 3,4 e 5 de xullo. 3º ESO - 1 de xuño, 2 e 3 de xullo. 4º ESO - 27 e 28 de xuño. O alumnado do centro recibirá o sobre de matrícula coas notas o 26 de xuño. Para os alumnos/as de nova incorporación a secretaría do centro facilitaranlle os impresos necesarios para formalizar a matrícula. Tamén se pode descargar o formulario para a solicitude de matrícula dende esta páxina web, no menú de Secretaría, Impresos e formularios . Unha vez cumprimentado deberá ser entregado na secretaría do centro xunto co resto da documentación. Pódense descargar tamén outros formularios para solicitudes varias, transporte, taquillas... Entrega de notas avaliación finalA entrega de notas da avaliación final terá lugar o mércores 26 de de xuño nas respectivas aulas de cada grupo, no horario seguinte: 10.00 h – 1ºA, 2ºA, 3ºA, 4ºA 10.45 h – 1ºB, 2ºB, 3ºB, 4ºB 11.30 h – 1ºC, 2ºC, 3ºC, 4ºC 12.15 h – 2ºD, 2ºE, 3ºD, 3ºE e 4ºD Publicación de notas en abalar á 13:00h. Farase entrega ademais dos consellos orientadores ao alumnado de 2º e 4º de ESO, así como a aqueles alumnos/as propostos para a Formación Profesional Básica e PDC (Programa de Diversificación Curricular). Entregarase igualmente certificación de estudos ao alumnado de 4º de ESO que titula. Ao resto do alumnado levará o sobre de matrícula cos impresos necesarios. O prazo de reclamacións abranguerá os días 27 e 28 de xuño de 9:00 a 13:00h. O profesorado estará dispoñible para as posibles aclaracións sobre as cualificacións. Devolución portátiles, libros de texto, chaves e cadeados taquillasDevolución de libros do fondo solidario e de libros prestados polo centro, cadeados e chaves taquillas: XOVES 20 de xuño: Alumnado de 3º e 4º de ESO VENRES 21 de xuño: Alumnado de 1º e 2º de ESO Recollerase todos os libros do fondo solidario do curso actual nas datas indicadas. O alumnado irá grupo a grupo facendo a devolución completa do seu lote. É imprescindible para poder optar ao fondo solidario do vindeiro curso 2024/2025. No caso de libros en propiedade, se alguén quere donalos ao fondo, pode achegalos nas mesmas datas. Ao mesmo tempo aqueles alumnos/as que fixeron uso das taquillas devolverán cadeado e chave da mesma, recibindo a devolución da fianza nos casos en que non haxa deterioros. O VENRES 21 o alumnado de 1º de ESO que cause baixa no centro devolverá os equipos E-Dixgal (portátil, funda e cargador). Entrega en administración. Fondo solidario e axudas para a adquisición de material escolar 2024/2025CONVOCATORIA de FONDO LIBROS e AXUDAS para MATERIAL para o curso 2024-25: Orde do 7 de maio de 2024 Solicitude do procedemento ED330B, dispoñible no portal educativo, na sede electrónica da Xunta de Galicia e nas oficinas do centro. Manual do cidadán - presentación telemática (enlace) Fondo Solidario de libros de texto. Axudas para adquisición de libros de texto. - Alumnado de EE ou cunha discapacidade superior ou igua lao 65%. 300€. Axudas para adquisición de material. - Alumnado matriculado durante o ano escolar 2024-25 e con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6000 €. Prazos. LETRAS GALEGAS 2024Co gallo do Día das Letras Galegas, neste ano adicado á poeta, violinista e profesora coruñesa Luísa Villalta, o noso alumnado explorou o seu lado máis creativo elaborando ducias de poemas visuais. Para a súa realización, escolleron versos, estrofas ou mesmo poemas enteiros de Luísa Villalta e combináronos coas artes plásticas máis variadas (colaxes, ilustracións, caligramas...) Velaquí mostramos algunhas das obras resultantes, que se poderán ver durante estas próximas semanas nunha exposición no corredor do edificio principal. Moitas grazas pola participación a todo o alumnado e por formar parte, un ano máis, deste día que serve para homenaxear as nosas autoras e reivindicar a nosa cultura e lingua propia!
Mais traballos (aínda non todos) no vídeo:
Exames de pendentes de maioOs exames de materias pendentes de cursos anteriores celebraranse entre os días 20 e 23 de maio, segundo o seguinte horario:
Bicentenario da Novena Sinfonía de Beethoven, 7 de maioO 7 de maio de 1824 estreouse en Viena a Novena Sinfonía de Beethoven. Esta peza musical é para moitos a obra mestra do compositor alemán. Douscentos anos despois celebramos a efeméride no IES Ramón Otero Pedrayo, cunha actuación de 140 alumnos e alumnas. Dirixidos polo profesor de Música, Juan Berná, o alumnado interpretou a parte final da peza, coñecida popularmente como a Oda á Alegría. A interpretación retransmitiuse en directo a través do programa Voces da Coruña, de Radiovoz. Tal e como declaraba o profesor a La Opinión, "a pandemia privou a Beethoven dunha homenaxe á súa altura; no IES Ramón Otero Pedrayo quixemos compensar esta débeda ao noso nivel". Parabéns a todos e a todas pola vosa excelente actuación!! A música é saúde!!! VISITA SOGAMA E ANDAINA NO XARDÍN BOTÁNICO DE CERCEDA. ABRIL 2024.O mércores 17 de abril o alumnado de1º ESO visitou as instalacións de SOGAMA e o xardín botánico de Cerceda, donde fixeron unha andaina a carón do río Cabancos. Convocatoria Bolsas Comedor Municipais, curso 2024/2025O 16 de abril de 2024, publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2024-2025, para o alumnado empadroado no termo municipal de A Coruña, e que vaian cursar 2º ciclo de educación infantil, primaria, ensinanza secundaria obrigatoria, bacharelato ou formación profesional nun centro de ensino con comedor autorizado do mesmo termo municipal. A asistencia ao comedor será obrigatoria durante todo o período lectivo (de setembro a xuño). Prazo de presentación: do 17 de abril ao 8 de maio, ambos incluídos. Toda a información da convocatoria pódese consultar: -na web municipal de servizos sociais (enlace). -na sede electrónica municipal (enlace). -no teléfono 010 de información cidadán. NOTA: Entre outros requisitos para acceder á bolsa, a/o alumna/o solicitante deberá ter un DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido. Atentamente, Bolsa comedor
|
Eventos |