Bolsas CANADÁ 2023-24, Concello da Coruña

Bolsas CANADÁ 2023-24Programa no que se lle ofrece a oportunidade ao alumnado de 4º da ESO, residente na cidade da Coruña, de cursar o Grao 11 en Canadá (equivalente a 1º de Bacharelato). Ten como obxectivo que as persoas participantes adquiran un dominio avanzado da lingua inglesa e un coñecemento real doutra cultura.

Os requisitos que teñen que cumplir as persoas interesadas son os seguintes:

 - Residir e estar empadroado co seu pai, nai ou representante legal, no seu caso, no momento da solicitude.

 - Estar matriculado e cursando 4º de ESO no curso escolar 2022-23 nun centro da cidade da Coruña.

 - Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación media de 6,5 puntos ou máis e non ter ningunha materia suspensa no curso 2021-22.

 - Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación de 7 puntos ou máis na materia de lingua estranxeira (inglés) no curso 2021-22.

prazo de inscrición vai do 9 ao 20 de xaneiro de 2023. O programa oferta 35 prazas.

Máis información (enlace)

Campamentos urbanos de Nadal nos centros cívicos

Os centros cívicos do municipio da Coruña realizan campamentos urbanos durante as vacacións escolares de Nadal. Están dirixidos a nenas e nenos que naceron entre o 1/1/2010 al 31/12/2018. Para participar, deberá facerse a preinscrición entre o 1 e o 3 de decembro, ambos incluídos. A inscrición farase na web www.coruna.gal/serviciossociais ou no teléfono 613 37 19 73 (de 9.00 a 20.00 h). 

25 de novembro: Día Internacional pola eliminación da violencia contra a muller

O 25 de novembro conmemoramos no centro o Día Internacional pola eliminación da violencia contra a muller. Dez minutos antes do recreo, o alumnado do centro reuniuse no patio para ler o nome e idade das 79 persoas que faleceron este ano a causa da violencia de xénero. Ao finalizar a lectura, gardouse un minuto de silencio.

Con esta sinxela homenaxe desexábamos homenaxear as vítimas e manifestar o noso desexo de que dunha vez por todas desapareza a violencia contra as mulleres.

Ampliación de axuda adquisición material escolar

Segundo a resolución do 5 de outubro de 2022, os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€. Neste caso, poden vir a recollelo ao centro.

O vale debe empregarse preferentemente na libraría/establecemento antes do 1 de decembro de 2022

Así mesmo, o alumnado que se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos ao longo do curso escolar e ata o 31 de marzo de 2023, que perciba a axuda para adquirir material escolar da Orde de abril de 2022, tamén percibirá esta ampliación. 

Andrea Suleimán (4º ESO) logra o 2º posto no IV Premio Isabel Zendal de pensamento crítico

A alumna Andrea Suleimán Casalderrey, de 4º ESO, obtivo o segundo lugar na IV edición dos premios Isabel Zendal de Promoción do pensamento crítico en Educación Secundaria e Bacharelato. Andrea concursaba na categoría B, para o alumnado de 4ºESO, 1º e 2º de Bacharelato e dos ciclos formativos de grao medio.

O seu traballo, presentado baixo o lema "Sofía" titúlase "As fraudes da saúde e a desinformación na actualidade". O traballo, que se pode ler picando na ligazón, analiza as fraudes para a saúde que xurdiron nos últimos tempos, como a homeopatía e demais pseudociencias. A través da análise de tres casos particulares (os parches para adelgazar "Slimemerstar", o spray "Hondrox" e as cápsulas "Reduslim"), aproveita para reflexionar sobre o tipo de publicidade e de obxectivos que perseguen este tipo de produtos.

Para a realización do traballo, Andrea contou co asesoramento do seu profesor de Cultura Científica, Sergio Núñez.

Moitos parabéns, Andrea!

Axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Axudas dirixidas a alumnado que presenta unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado dalgunha das siguientes situacións:

- Discapacidade.

- Trastorno grave da conducta o da comunicación ou a linguaxe.

- Trastorno do espectro autista.

- Altas capacidades

Poderase pedir desde o 19 de maio ata o 30 de setembro de 2022

Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional. Unha vez cuberto, terás que imprimir o formulario de solicitude (un PDF) e presentalo no centro educativo no que vas estudar, se non tes certificado electrónico.

Máis información:  (enlace web Axudas Apoio Educativo) / (enlace como solicitala).

Recreación do mundo romano con Recreadores de Galicia

A asociación histórico-cultural Recreadores de Galicia participa desde hai moitos anos en certames de recreación histórica por toda España e o estranxeiro. Nos últimos anos colabora cos centros educativos de Galicia na tarefa de aproximar a realidade do mundo romano ao alumnado de Primaria e Secundaria. 

O 26 de abril compartiron connosco a primeira metade da mañá, mostrando ao alumnado de Cultura Clásica de 3º e 4º da ESO a vestimenta típica do mundo romano ou as armas e as técnicas de combate das lexións.

 Rapaces togados      

Actualización Avaliación - curso 2022/2023

Adáptanse as programacións dos departamentos no relativo á avaliación, os criterios de promoción, de titulación e de concesión de matrículas de honra segundo a ORDE do 25 de xaneiro de 2022 que actualiza a normativa de avaliación. 

Máis información(enlace).

Boix, fotógrafo de Mauthausen

 

A exposición Boix, fotógrafo de Mauthausen, permanecerá no centro até o venres 11 de marzo.

A exposición, foi concibida pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, que nola cede de maneira gratuíta. Utiliza imaxes tiradas polo fotógrafo catalán Francesc Boix durante a súa reclusión no campo de exterminio nazi de Mauthausen. A partir desas imaxes relátase a experiencia das persoas recluídas no campo, en particular das galegas e galegos que nel foron internadas.

A exposición será obxecto de diversas actividades organizadas polo Departamento de Xeografía e Historia, destinadas particularmente ao alumnado de 4º ESO. A exposición complétase co documental Boix, fotógrafo do inferno. Ademais, o venres 11 de marzo a presidenta da ARMH, o investigador José Manuel López Tuñas ofrecerá unha conferencia ao alumnado. Nesa conferencia estará acompañado de José Luis Alamán.

José Luis é neto de Martín Ferreiro Álvarez, concelleiro do Concello da Coruña na II República. Fuxido do fascismo, Martín foi apreixado en Francia e encarcerado en Mauthausen a finais de 1940. Ao ano seguinte sería asasinado no campo de exterminio de Gusen.

A exposición pode ser visitada por persoas alleas ao centro en horario de mañá. Para acceder é necesario rexistrarse na conserxaría.

Novidades lexislativas: actualización da orde de avaliación do alumnado de Primaria, Secundaria e Bacharelato

 

O 11 de febreiro publicouse no DOG a nova orde de avaliación do alumnado de Primaria, Secundaria e Bacharelato.

Pode accederse á devandita orde picando na imaxe. Entre outras novidades a orde recolle os novos requisitos para a promoción de curso na Secundaria e a titulación en 4º ESO. Case todas as novidades con respecto á Secundaria contéñense nos artigos 7-12 da orde.

Outra das novidades da orde é que os departamentos deben elaborar unha adaptación das súas programacións didácticas para o período que vai do 6 ao 22 de xuño. Ese período é de obrigada asistencia para todo o alumnado.

Os departamentos irán publicando esas adaptacións nas vindeiras semanas. O prazo para realizalas expira o 12 de abril.

Distribuir contido