IES Ramón Otero Pedrayo - A Coruña |
|
NavegaciónIniciar sesión |
ActividadesO ALUMNADO DE BIOLOXÍA DE 4º ESO VISITA UNHA EXPOSICIÓN DE FÓSILESEnviado por maria.isabel.varela o Lun, 11/03/2024 - 14:57O alumnado de 4º ESO da materia de Bioloxía e Xeoloxía visitou a exposición de fósiles que hai na Biblioteca Miguel González Garcés, durante a sesión de clase do día 11 de marzo.
CONCURSO "DEBUXANDO CIENTÍFICAS"DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA Rematou o concurso de debuxos sobre Científicas, concurso para conmemorar o "11 FEBREIRO: Día Internacional da muller e da Nena na Ciencia". OS DEBUXOS ESTARÁ EXPOSTOS NO 1º ANDAR DO EDIFICIO PRINCIPAL .Debuxos premiados 1º CICLO: Dora Noemí Yañac Anchari (1º ESO B) 2º CICLO: Valeria Medina Silva (4º ESO C)
11-F: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIAEnviado por maria.isabel.varela o Mar, 13/02/2024 - 12:14O día 11 de Febreiro é o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Para conmemorar esta data, parte do alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO fixo uns carteis sobre científicas, que se atopan expostos no 1º andar do edificio principal e que se poden ver na presentación adxunta:
VISITA Á CASA DAS CIENCIAS (31/10/2023)O 31 de Outubro o alumnado de 1º ESO fixo unha saída á Casa das Ciencias. Alí experimentaron as distintas actividades dese museo científico e asistiron a unha sesión do Planetario. Andrea Suleimán (4º ESO) logra o 2º posto no IV Premio Isabel Zendal de pensamento críticoA alumna Andrea Suleimán Casalderrey, de 4º ESO, obtivo o segundo lugar na IV edición dos premios Isabel Zendal de Promoción do pensamento crítico en Educación Secundaria e Bacharelato. Andrea concursaba na categoría B, para o alumnado de 4ºESO, 1º e 2º de Bacharelato e dos ciclos formativos de grao medio. O seu traballo, presentado baixo o lema "Sofía" titúlase "As fraudes da saúde e a desinformación na actualidade". O traballo, que se pode ler picando na ligazón, analiza as fraudes para a saúde que xurdiron nos últimos tempos, como a homeopatía e demais pseudociencias. A través da análise de tres casos particulares (os parches para adelgazar "Slimemerstar", o spray "Hondrox" e as cápsulas "Reduslim"), aproveita para reflexionar sobre o tipo de publicidade e de obxectivos que perseguen este tipo de produtos. Para a realización do traballo, Andrea contou co asesoramento do seu profesor de Cultura Científica, Sergio Núñez. Moitos parabéns, Andrea! » Que fai unha científica?Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, o venres 11 de febreiro acudiu ao centro a Doutora Socorro Castro García, investigadora e profesora da Universidade da Coruña. O obxectivo desta visita era o de visibilizar as mulleres que se adican a estudos e carreiras profesionais de Ciencias. Ao tempo queríase espertar a vocación científica entre o alumnado. |
Eventos
|