Arredor de Nós: a revista escolar do IES Otero Pedrayo

Xa está nos mellores quioscos Arredor de Nós, a revista escolar do IES Otero Pedrayo. O número 1 da revista, correspondente ao curso 2023/24, foi coordinado pola profesora Rosalía Ferreiro.

Cincuenta e sete páxinas a toda cor cheas de:

  • Incríbeis debuxos.
  • Magníficos microrrelatos.
  • Estupendos pasatempos.
  • Recomendacións literarias para as catro estacións.
  • Sisudas entrevistas a vellas glorias do centro.

E moitos outros artigos do máximo interese que poderán descubrir nas súas páxinas. Nada mellor para despedir o curso! (enlace á revista en pdf)