Skip to Content

EDLG

UN SAMAÍN DE MEDO

 Este Samaín tivo en Carril unha celebración moi especial. O Departamento de Dinamización Lingüística realizou varias actividades arredor desta festa de fonda raigame tanto en Galicia como nas demais comunidades de orixe celta. Non só houbo o tradicional concurso de cabazas decoradas senón tamén unha breve exposición de Ramón, o profesor de Galego, a varios grupos da ESO sobre as orixes e a evolución do Samaín. E como colofón, a profesora de galego Pilar Conde escenificou historias terroríficas que en tempos contaba a xente arredor do lume e nos velorios. Todo un espectáculo do que todos os asistentes disfrutaron vestidos de rigoroso loito á luz das velas na nosa biblioteca.

Así pois, desde esta web, desexámoslle a todo o mundo un FELIZ ANO NOVO...CELTA!

Ver GALERÍA DE FOTOS

 

MAGOSTO 2011

 

O pasado 11 de novembro celebramos o Magosto en Carril. Foi, como sembre, un exitazo.

Houbo moita música, castañas, bolos preñados e moita diversión. Como novidade, destacamos o partido de fútbol profesores-alumnos, que creou unha grande espectación. Como era de esperar, gañaron os alumnos.

partido alumnos-profesores

 

Aproveitamos tamén para descubrir a placa conmemorativa do 25 aniversario do noso centro, que foi situada debaixo da placa de inauguración do instituto.

Placa inauguración curso 1986-1987  Inauguración do centro, curso 1986-1987 25 aniversario, curso 2011-2012

     Neste acto estiveron presentes dona Ana García, en representación de Miguel Ángel González Estévez, primeiro director do noso centro; dona Margarita García, segunda directora do instituto e o terceiro e actual director, don Augusto Guedes. Foi un momento moi emotivo, do que por suposto deixaron constancia os medios de comunicación (La Voz de GaliciaFaro de Vigo).

GRAN MAGOSTO EN CARRIL

Como sabedes, o vindeiro venres 11 de novembro celebraremos a festa do Magosto no noso instituto. Aquí vos deixamos algunhas informacións sobre a historia desta festa que celebramos en Carril desde hai 17 anos.

 

 

Día da Ciencia en Galego

 

Os Equipos de Dinamización Lingüística do Salnés acordaron celebrar o "día da ciencia en galego" así que collemos os nosos chismes e fomos, cos alumnos de 4º ESO B, á Praza de Galicia.

Alí xuntámonos con alumnos dos outros centros.  Uns levaron aparellos construídos na clase de Tecnoloxía, outros experimentos de Química,outros proxectaron vídeos e nós levamos xogos matemáticos "la mar" de divertidos.

  

             Para ver o resto das fotos pulsa aquí
Distribuir contido


by Dr. Radut