A víspera do día das Letras Galegas un numeroso grupo formado por alumnado, persoal non docente e persoal docente xuntaron as súas voces para cantar un poema de Manuel María versionado polo mítico grupo galego Fuxan os Ventos. O poema titúlase O Carro. Velaí o resultado:
Ademais o alumnado de 1º Bacharelato quixo sumarse a esta homenaxe cunha divertida performance baseada no poema Breve manual para deprender para señorito de Manuel María nunha versión cantada por María Manuela (1978).
Este ano o mes de maio ven cargado de bo humor e de alegría. A nosa profe de galego Pilar Conde, axudada por outros profesores e polo alumnado de Diversificación de 4ºESO, creou un precioso maio que quedou exposto na estrada do instituto.
A profesora Eva Mouriño explicou a historia e o significado das tradicións asociadas a este mes ao alumnado de 1ºESO e 2ºESO. Podedes ver imaxes desta charla na galería de fotos.
O equipo de dinamización lingüística tamén contou coa axuda do profesorado de música para cantar os maios con moita retranca. Podedes escoitar as coplas neste video.
Por fin temos os nomes dos gañadores do concurso "Amor en catro linguas" na súa edición 2015-16. Este concurso está organizado polo departamento de normalización lingüística co que colaboran os departamentos das catro linguas que se imparten actualmente no noso centro.
Na primeira semana de febreiro no instituto de Carril tiveron lugar os diferentes actos de celebración do Entroido que este ano tivo como tema central al ciencia ficción.
Para ir quecendo os ánimos o mércores tivemos unha charla sobre“Entroido e tradición” por Xosé Ramón Brea, que ata fai ben pouco foi profesor do noso centro .
O venres, 5 foi o día do gran festival con música e disfraces, agasallos para os participantes e premios para diferentes categorías. Os premiados desta edición foron os seguintes:
Actuación de grupos:
1º premio: 2ºA de Bacharelato
2º premio: 4ºESO (grupo 2)
3º premio: 1º Bacharelato Musical
Disfraz individual: Loaira Miguéns (2ºESO) . Premio especial para Javier Galbánpolo seu "sombreireiro tolo"
Baile: Sasha(3ºESO) e Alex(4ºESO)
Sobremesas de Entroido
1º premio: Antón Abadín (Bica de Entroido)
2º premio: Saro López
3º premio: Loaira Miguéns
Accesit: Marta Prego e Elena Eiras
Podedes ver algunhas fotos deste evento premendo na seguinte ligazón:
Hoxe martes 10 de novembro celebramos o Magosto en Carril. Foi unha festa chea de música, de xogos e de bo humor.
Comezamos co xogo de turrar da corda na que se enfrentaron amistosamente alumado e profesorado (adiviñade quen gañou...) e despois co de saltar á corda en estilo libre...e senón mirade as fotos.
(Para ampliar, fai clic nas imaxes)
Os nosos músicos máis xóvenes tocaron varias pezas e incluso bailaron algunha delas. Podedes ver no vídeo que xeitiño lle dan.
Para rematar a tarde, todos tivemos ocasión de ver unha presentación audiovisual sobre o Magosto feita polo alumnado de 2ºESO mentras tomábamos os bolos preñados e as castañas asadas que xa tiñan preparadas para nós os nosos asadores preferidos, Gorgoso e máis o Mestre.
Este ano celebramos a festa dos mortos cunha decoración estarrecedora na entrada do noso instituto...
Ademáis o alumnado participou de xeito entusiasta no concurso de cabazas. Podes ver aquí fotos da exposición das pezas presentadas. Veremos cal é a gañadora
“Cantamos o Maio”: un recorrido pola tradición no I.E.S. “Miguel A. Glez. Estévez”, O Carril
Hoxe, xoves 30 de abril, e seguindo os mandados da tradición, os alumnos de 1º da ESO celebraron na Biblioteca un festival lúdico- musical, no que tamén tivo cabida un audiovisual que percorreu a nosa tradición do Maio, dende tempos pretéritos, pasando pola pegada celta e romana, así como a cristianización dos rituais, xa en plena Idade Media.
O actor, autor e narrador oral galego Cándido Pazó veu ao noso entro educativo para facer unha sesión de contacontos dirixida ao alumnado de 1º de Bacharelato. Como podedes apreciar nestas imaxes o público disfrutou moito da actuación desenvolvida integramente en galego.