Hoxe martes 10 de novembro celebramos o Magosto en Carril. Foi unha festa chea de música, de xogos e de bo humor.
Comezamos co xogo de turrar da corda na que se enfrentaron amistosamente alumado e profesorado (adiviñade quen gañou...) e despois co de saltar á corda en estilo libre...e senón mirade as fotos.
(Para ampliar, fai clic nas imaxes)
Os nosos músicos máis xóvenes tocaron varias pezas e incluso bailaron algunha delas. Podedes ver no vídeo que xeitiño lle dan.
Para rematar a tarde, todos tivemos ocasión de ver unha presentación audiovisual sobre o Magosto feita polo alumnado de 2ºESO mentras tomábamos os bolos preñados e as castañas asadas que xa tiñan preparadas para nós os nosos asadores preferidos, Gorgoso e máis o Mestre.
O día do Magosto pola mañá, o alumnado do Ciclo Superior de Animación de Actividades Físico-Deportivas (TSAAFD) puido disfrutar dunha sesión de bodyjump con monitores especializados.
O bodyjump é unha modalidade de fitness que se realiza sobre unha cama elástica individual. Axuda a fortalecer osos, músculos e articulacións, queima calorías e mellora o sistema cardiovascular.
Posteriormente deron a coñecer ao resto do alumnado este xeito tan orixinal e estimulante de facer exercicio.
Na primeira semana de novembro o alumnado da ESO tivo a ocasión de asistir a unhas charlas educativas sobre diferentes temas que lles afectan directamente. Todas esas charlas forman parte dun programa de educación para a saúde en colaboración co Servizo de Prevención de Drogodependencias de Vilagarcía (SPAD).
1º ESO: Habilidades sociais
2º ESO: Prevención do abuso do alcohol
4ºESO: Mitos/crenzas erróneas e conceptos básicos sobre drogas ilegais
Este ano celebramos a festa dos mortos cunha decoración estarrecedora na entrada do noso instituto...
Ademáis o alumnado participou de xeito entusiasta no concurso de cabazas. Podes ver aquí fotos da exposición das pezas presentadas. Veremos cal é a gañadora
O alumnado de 1ºESO tivo a primeira semana de curso chea de actividades. Entre outras,a visita do parque botánico Enrique Valdés Bermejo (parque do Castriño) nunha xornada tan lúdica como educativa, entre as 10h e as 13h o venres día 18. Ademáis dos seus profesores e profesoras, o alumnado tamén estivo acompañado polo funcionario do concello D. Mario Vázquez Rubianes que lles explicou o parque desde o punto de vista botánico.
Esta visita, na que tamén se realizaron xogos populares en colaboración co departamento de Educación Física e o alumnado de Ciclo Formativo de grao superior "Animación de actividades físicas e deportivas", enmárcase dentro dun proxecto máis amplo que se desenvolveu no centro - dende o mércores ata o venres- e que o profesorado deu en denominar "semana de acollida". Trátase dun conxunto de actividades un tanto lúdicas que teñen como finalidade que o novo alumnado do instituto coñeza as súas compañeiras e compañeiros, valoren as cousas que os diferencian, cooperen e vivan co grupo nun clima de empatía e respecto que facilite a marcha do curso escolar e non se xeren conflictos que dificulten a convivencia ou a aprendizaxe.
A posta en marcha deste proxecto é o resultado do grupo de traballo "Facendo grupo" no que participaron profesoras e profesores o pasado ano académico.
O inicio de curso do Ciclo Superior de Actividades Físco-Deportivas (TSAAFD) está previsto para o mércores 23 de setembro. A presentación desenvolverase no horario seguinte:
2º TSAAFD: 10h
1º TSAAFD: 11h
O xoves 24 de setembro ás 8h10 comezarán as clases con normalidade. O horario das mesmas será facilitado polo profesorado.
Este ano comezamos o curso o martes día 15 de setembro. Tentaremos levar a bo porto un proxecto educativo no que tanto alumnado como profesorado terá que traballar conxuntamente. O primeiro día faremos a presentación dos diferentes grupos seguindo este horario: