Economía da empresa
|
|
Ética e filosofía do dereito
|
4ª entrega (11/5)
Repaso e exercicios dos dereitos humanos
3ª entrega (27/4)
Repaso e exercicios de Ética para o confinamento
2ª entrega
Dado que semella que se prolongará o confinamento gustaríame que todo o mundo fixera o esforzo de elaborar ese traballo/ redacción que propuxen inicialmente de xeito opcional. É un traballo aberto, de investigación (lectura crítica de artigos de opinón) ou de opinión e reflexión propia , ou diario personal sobre o período de confinamento, enfocandoo sempre desde a nosa materia : a xustiza, a liberdade , os dereitos .. Moitas cousas das que están a suceder ademáis a nivel estatal e mundial poden ser entendidas e analizadas desde a Ética e a Fílosofía do dereito: uso dos datos a través da tecnoloxía para o control da pandemia en Asia, as consecuencias do deterioro do estado de benestar en situacións de pandemia, a responsabilidade de colaboración individual, etc.
Envio para seguir traballando e ter algún punto de partida para a reflexión e o debate un par de artigos, un do filósofo Byung Chul Han e outro do pensador Boaventura de Sousa, e tres páxinas do libro de Marta Peirano, O inimigo coñece o sistema.
Saúdos
1ª entrega
Instruccións do traballo:
- Opcional ou días seguintes: redacción que se propón a continuación:
PROPOSTA TRABALLO /REDACCIÓN Moitas cuestións éticas e de dereito se plantexan nos debates sobre a crise do coronavirus. Gustaríame que fixérades unha redacción persoal sobre o voso propio confinamento, as vosas propias reflexións, decisións e actividades. Suxiro que especialmente o uso das nocións de nocións de responsbilidade e sobre todo de liberdade. Gustaríame tamén que puxérades o foco da vosa atención no uso das aplicacións e en xeral de internet. É dicir, trátase de facer unha reflexión filosófica sobre o voso confinamento, que pensades, como actuades, como vos sentides: por exemplo, obrigados a quedar en casa, obrigados a relacionarvos a través dunha aplicación, libres de distribuir o voso propio tempo, erc.. |
Francés II
|
As actividades de Francés, tanto de repaso como as novas estarán disponibles na aula virtual. Se queredes preguntar algo podedes escribirme a matiprofe@gmail.com |
Fundamentos de administración e xestión
|
|
Historia da arte
|
|
Historia da filosofía
|
14/4/20
A partires de hoxe o medio de comunicación para enviar as tarefas e aclarar dúbidas será o seguinte correo electrónico: adeladiaz@edu.xunta.gal
Tarefa semana 30/03
Ler tema de Marx polas fotocopias e polo manual + Selección de textos de Marx da CIUG
Tarefa semana 26/03
- Realizar comentarios de texto I. Kant ( textos da CIUG)
- Estudar tema Kant:
- Os límites do coñecemento en Kant
- A lei moral en Kant
|
Historia de España
|
Aviso importante: Recuperaciones y calificaciones (6/5/20)
En principio teneis que repasar para el examen programado para el día 2 de abril. Si el examen non se puede realizar en esa fecha os avisaré a través de esta página web. Además, aquel alumnado que lo desee puede preparar desde el franquismo hasta los gobiernos del PSOE.
|
Inglés II
|
>>>>>Importante! Visita O curruncho de Tom
Alumnado de Eva Abal: conectádevos a Google Classroom.(código: ysfmkcu)
|
Latín II
|
|
Lingua Castelá e Literatura II
|
Profesora Manuela Iglesias
O contacto coa profesora establecerase a través do enderezo de correo electrónico facilitado na folla informativa da materia entregada ao inicio do curso onda o blog que se adoita usar para esta asignatura. As tarefas iranse acomentendo segundo o ritmo de traballo de cada persoa. A tal efecto, contarase como a primeira a que se indica en primeiro lugar:
- Para quen aínda non o realizara e llo entregara na clase á profesora, a actividade proposta o 8 de marzo no blog para a redacción dun comentario crítico a partir de varios textos argumentativos xornalísticos.
- Para quen xa realizara e entregara á profesora a actividade anterior, o que procede é realizar os exercicios de Semántica.
- E no blog que se indica na folla informativa da materia entregada ao inicio do curso, xa foi introducida unha nova tarefa o 22 de marzo.
|
Lingua Galega e Literatura II
|
Semana do 11/5
Nova actividade arredor do día das Letras Galegas
Exame do libro: Enderezo descoñecido(7/5)
Lectura do libro: Enderezo descoñecido (xoves 7 maio) O xoves 7, ás 9 da mañá porase nesta páxina e enviarase aos vosos correos o cuestionario sobre o libro. Debedes enviarmo cuberto ao meu correo antes das 12h. dese mesmo día.
Composicións de Literatura Galega (27/4)
Semana do 27 de abril ao 1 de maio Imos traballar a oralidade
- Gravación dun vídeo-audio
- Tema: o que queirades, agás os deportes (non se admite ningún tema relacionado cos deportes). Non vale repetir tema.
- Duración: entre dous e tres minutos
- Envío: ao meu correo
- Data límite de entrega: sábado 2 de maio ás 14:00h.
>>> 16/4
Nova proposta de traballo. Data entrega: martes 21 ata as 14:00h.
Semana do 13/4
Semana do 6/4
Descarga o tema: A nova narrativa galega
Semana do 30/3
- Preparade a composición do tema 13: A narrativa, ensaio e teatro de posguerra. Lembrade que a parte de teatro xa vola hei dar eu.
- Título do tema para a ABAU é:A prosa entre 1936 e 1975: os renovadores da prosa (Fole, Blanco Amor, Cunqueiro e Neira Vilas)
- Descarga aquí o guión.
Semana do 23/3
Preparade a composición de sociolingüística que falta. O título do tema na ABAU é: O galego a finais do século XX e comezos do XXI: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.
No libro de texto está no tema 15, baixo o epígrafe: A lingua galega na actualidade.
Directrices: • Contexto sociopolítico ( sen estenderse moito) ◦ Situación demográfica (emigración/inmigración) ◦ Situación socioeconómica. Sector servizos, globalización) ◦ Situación política. Estatuto, leis, medios comunicación, posición partidos políticos. ◦ Resultado das actuacións gobernamentais • Características galego na actualidade ◦ Uso do estándar: onde, por quen ◦ Normas. Modificacións ◦ Galego espontáneo ◦ Neofalantes
• Preparádea para o venres 3 de abril.
Semana do 16/3
• PREPARADE A RECUPERACIÓN 2ª AVALIACIÓN: posta para o mércores 15 abril ◦ Entra toda a sintaxe, e temas 4-5-6-9-10
• MORFOLOXÍA O exame está posto para o mércores 22 de abril ◦ Vai ser todo práctica. Xa vimos todo agás as conxuncións e preposicións que podedes miralas ao final do tema 7 ◦ Podedes practicar na Páx. Web: ogalego.eu. Hai moitos exercicios e con solucionario
• LIBRO LECTURA ◦ Non vos esquezades da lectura: Enderezo descoñecido de Kressmann Taylor. Cando volvamos poñeremos data. @s que non o collestes na biblio ou non o mercastes, á volta teredes uns días para poder lelo. Como é moi curtiño vai dar tempo e quen o levara da biblio que o devolva nada máis incorporarnos para que o poidan le os demais.
• DATAS EXAMES ◦ De non incorporarnos antes das que está xa postas, cando volvamos decidiremos novas datas, pero non deixedes todo para o final. Agora, posiblemente vos coincidan varios exames nun día. .
• Segundo como vaia a situación irei informando do que facer coa materia que queda por dar. • Para dúbidas, preguntade polo grupo da clase.
Ánimo a tod@s! Vós podedes con isto e con máis!!!
Unha aperta. |
Matemáticas aplicadas ás CC. SS. II
|
- Os apuntes están na aula virtual
- En classroom MateCarril2020 manteremos contacto para explicacións e dúbidas
|
Métodos estatísticos e numéricos
|
A canle para as actividades será o correo electrónico como xa estabamos a facer durante o 1º e o 2º trimestre. |
Psicoloxía
|
4ª entrega (11/5)
Repaso e exercicios
3ª entrega (27/4)
Novas tarefas
2ª entrega
Propuxen para as estas semanas de confinamento o traballo do experimento de psicoloxía social ou ben sobre intelixencia emocional e habilidades sociais. Propuxen tamén que este último se centrara neste eríodo de confinamento no que están a suceder cousas moi interesantes desde o punto de vista da psicoloxía. Como semella que o confinamento se pode prolongar envio algún material máis.
1) Unha imaxe que cuestiona como estamos a vivir cadaquén o noso confinamento. Desde a piscoloxía da Gestalt esa imaxe nos pode axudar a observarnos, a nós e a aos demais. Trátase dunha imaxe de apoio ao voso traballo de observación e redacción , mais tamén unha guia para o día a día.
2) para quen queira descansar do tema Covid-19 envio un documento con contos de Jorge Bucay, moi sinxelos e aparentemente infantís, pero que teñen leccións prácticas difíciles de aprender . Gustaríame que reflexionarades sobre elas poñendo en cada conto un par de liñas de reflexión sobre que hábito da intelixencia emocional pon en cuestión.
3) Por último, mando escaneado un capítulo do libro de Marta Peirano, O enemigo coñece o sistema, que se ben está escríto o pasado ano, nos pode facer pensar sobre a emerxente adicción ás pantallas nos últimos anos e en especial nas últimas semanas. Semella que é imposible vivir o confimnamento sen elas. Ou, polo menos podemos pensar que a esta nova adicción lle senta moi ben (mal para nós) o Euquedonacasa. Sei que é dificil ler un documento escaneado , máis quen teña interese aí está. Moi recomendable.
De tódolos xeitos, é o meu deber achegarvos indicacións e material pero desexo que vos organicedes o voso tempo e prioricedes o repaso e estudo das materias de selectividade, como debe ser. Saúdos
1ª entrega
PROPOSTA TRABALLO /REDACCIÓN
Propuxeramos en clase que nestes días fixérades para Psicoloxía un traballo, ben dalgún experimento social que investiguedes na web, ben do tema das habilidades sociais, intelixencia emocional e xestión das emocións. Pois ben, como este momento de confinamento é excepcional e move moitas emocións, medo, ansiedade, preocupación, dependencia, empatía, etc, propoño (opcionalmente) que o traballo sobre as emocións se centre nestes días. Trataríase de facer unha observación e redacción de como xestionamos (xestiona cadaquén) neste período as súas emocións, e mesmo pode centrar o asunto na influencia do uso de internet (aplicacións, plataformas...etc) ou da ausencia de uso nesa xestión das emocións.
|
Relixión Católica
|
Correo para enviar traballos : m.isabelperezpineiro@edu.xunta.es Si se reanudan as clases presenciáis poderase entregar á profe directamente.
- No blogue elprofedereli mira o documental de Manos Unidas Quien más sufre el maltrato del planeta no eres tú
- Traballo: elabora unha lista de dez accións humanas que perxudican o medio ambiente. - Este traballo recollerase cando voltemos |
Retoque fotográfico dixital
|
Os materiais de RFD do profesor Luís García está na aula virtual. Escolle o teu curso e entra. |
Xeografía
|
|