CHARLA SOBRE PARÁLISE CEREBRAL POLO DIRECTOR DO CENTRO AMENCER
Versión para impresora
Continuamos coa ronda de aprendizaxes dende a perspectiva dos expertos. Hoxe pola mañan, dende as 10.30h.ata as 12.30h. acompañounos na bibilioteca o psicólogo e director do centro Amencer Princesa Letizia, David Carrera.
Falounos da parálise cerebral e de como tratala co fin de axudarnos a incorporalos do mellor xeito posible ao noso evento MARZO SEN FRONTEIRAS 2019, que se celebrará o pròximo 27 de Marzo no Recinto Ferial Fexdega
Este ano é o segundo no que se incorporan rapaces e adultos con parálise cerebral.Foi toda unha aprendizaxe. Simplemente, temos que ver as súas capacidades, nunca as limitaciòns. Mariola, a acompañante de David este ano, foi todo un exemplo para nós. Moitisimas gracias aos dous e un pracer recibirvos no noso centro.
Non só aprendimos deles senón que tamén nos decatamos das barreiras arquitectónicas que o noso centro ofrece para estas persoas. Se queres ver imaxes ampliadas do encontro podes ver o album de fotos. Se queres ver un pase de diapositivas podes facer clic nesta imaxe: