XA SAÍU PUBLICADA A REVISTA ENORMIC BANDA
Versión para impresora
O xaponés Takekazu Asaka asina o limiar en galego da revista Enormic Banda. Esta excelente iniciativa da Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Salnés leva xa 20 anos de andaina e cada ano sorpréndenos coa creatividade do alumnado apaixoado da banda deseñada. Nesta ocasión sae publicada A festa dos cinco minutos de Germán Elías Villarroel López, alumno de 3ºESO do noso instituto que retrata de xeito divertido o que fai o alumnado en ausencia do profesorado.
Parabéns para Elías e para todos os debuxantes!