ENTROIDO 2017
Versión para impresora
Un grupo de rapazas de 1ºBacharelato deron o pistoletazo de saída do Entroido dando unha charla ao alumnado de 1ºESO na que explicaron perfectamente as orixes, o significado e as diferentes formas de celebrar o Entroido. (Fai clic na imaxe para agrandala)
XA CHEGOU O ANTROIDO Este ano imos lembrar esta festa tan querida e celebrada no instituto ao longo de 30 anos a través das moitas caras que os disfraces lle permitiron “ao profesor ben enrollado” Manuel Chouza. Este é o seu derradeiro Antroido escolar. Foron moitas as preparacións, as risas ao discurrir de que nos iamos disfrazar, a troula co alumnado e entre nós, as laconadas e os cocidos. Chou sempre participou activamente en charlas, disfraces, xurados, portando.... e comendo. Para el o noso cariño e as risas que imos botar á súa conta vendo estas fotografías. Viva o Antroido 2017! Xela |
O día da festa todo o mundo participou. Facendo clic na tira de imaxes que está aquí abaixo podes ver a galería de fotos da festa.
Este ano o TSAAFD deunos tamén unha sorpresa moi agradable:
Ademáis de moita troula tamén houbo concursos e entregas de premios varios.
PREMIOS AMOR EN CATRO LINGUAS
Podes ler as cartas premendo nas ligazónsLingua | Categoría | Gañadora/gañador | Curso |
Mellor carta en L. Castelá | Bacharelato e TSAAFD | Lidia Molina Rial | 1º Bacharelato-C |
Mellor carta en Lingua Inglesa | Bacharelato e TSAAFD | Helena González Rubianes | 2ºBacharelato-C |
Mellor carta en L. Francesa | ESO | Nahir Porto Gómez | 4ºESO-C |
Bacharelato e TSAAFD | Sara Vázquez Sánchez | 1ºBacharelato-A | |
Mellor carta en L. Galega | ESO | Hugo del Río Rivas | 1ºESO-C |
Accesit: Cartas en l. Latina
|
Bacharelato |
Raúl Conde Bouzas | 2º Bacharelato-C |
Mariló García García | |||
Antía Sobrino Romero |
PREMIOS CONCURSO SOBREMESAS DO ENTROIDO
1º Premio | Rosquillas | Marta Prego Abalo | 3ºESO-C |
2º Premio | Orellas de "Chips Ahoy" | Antía García González | 1ºESO-B |
PREMIOS DE ENTROIDO
Mellor ritmo | Tifani Barcala Marcos | 2º Bacharelato-C |
Alejandro Rodríguez Fernández | 1º Bacharelato-C | |
Mellor disfraz | Mara Galbán Domínguez (William Wallace) | 2º Bacharelato-B |
Comparsas | ||
1º Premio | MAR ESCUMA | 2º Bacharelato |
2º Premio | FEELING GOOD | 1º Bacharelato Artes |
3º Premio | GREASE | 2º ESO-A |
Ata o próximo Entroido!