I SEMANA DA CIENCIA
Durante esta semana (do 15 ao 19 de febreiro) estamos a celebrar no instituto a "I Semana da ciencia e da tecnoloxía". O alumnado poderá asistir a diferentes obradoiros con experiencias e demostracións científicas e tecnolóxicas que realizarán os seus propios compañeiros. Algúns teñen títulos do máis chamativo, como por exemplo: "Probando a existencia do ar", "O vaso que ten sede" ou "Dentrífico para elefantes". Outros parecen moi interesantes "Un charco de auga", "Xogando coa luz", "Sólidos platónicos" ou "Cromatografía".
O obxectivo destas actividades é difundir o coñecemento científico e promover unha visión positiva da ciencia.
Monólogos científicos
A primeira sesión "inaugural" realizouse como estaba previsto na mañá do luns 15, ás 11. Na aula de 3º ESO C ofreceron os seus monólogos científicos ao alumnado de 3º B e 3º C un grupo de 1º e 2º de Bacharelato. Quedaron sen tempo Sara García Senra e Ramón Giménez Güimil. Unha lástima. Se queres ver imaxes dos monologuistas preme nas ligazóns:
- Aida Saco: fundamentos científicos do sonido do piano.
- Elena Eiras: Los sueños
- Rita Lobato: los cromosomas
- Claudia Garrigós: experimentación animal
- Laura Vázquez: El cerebro humano
Experimentos de ciencia divertida
Non todo foi falar, ou non só...Tamén tivemos sesións nas que os rapaces facían experimentos interesantísimos e divertidos. Estes foron algúns dos que puidemos ver:
- Probando a existencia do ar (4º ESO- PDC)
- O ovo que quere entrar na botella (4ºESO-A)
- Cromatografía (2ºBacharelato A)
- A auga dun charco (1ºESO)
- Xogando coa luz (3ºESO)
- O vaso que ten sede (4ºESO-A)
- Nutrintes nos alimentos (1ºBacharelato)
- Dentrífico para elefantes (3ºESO)
- Experiencias sorprendentes (2º Bacharelato)
Obradoiros e charlas
Alumnado e profesorado explicou aos asistentes diferentes aspectos relacionados co corpo humano ou ca natureza. Aquí temos unha mostra:
- Planetas do sistema solar (1º ESO)
- Obradoiro de reanimación cardio-pulmonar ( 2º TSAAFD)
- O esquelete dun can (1º Bacharelato)
- O esquelete humano (2º TSAAFD)
- Obradoiro de fósiles (1º ESO)
- Os volcáns (4ºESO)
Exposicións
O alumnado de Lingua e Literatura Galega de 4ºESO preparou unha exposición sobre Mulleres cientíificas (que podes descargar ou ver aquí),
Construcción colectiva de estructuras
O alumando foi quen de crear estructuras complexas e interesantes das áreas da xeometría ou da enxeñería como estas a seguir:
- A ponte de Leonardo (3ºESO-B)
- Un omnipoliedro (1º ESO)
Concurso
Para rematar esta avalancha de actividades temos un concurso en marcha. Trátase do I Concurso de identificación de aves. Os concursantes teñen que observar unhas imaxes dos exemplares de diferentes especies de aves e completar unha ficha detallada de cada un. Quen consiga completalas correctamente será o gañador do concurso que está dotado cun magnífico premio. Para ver a exposición podes facer clic na imaxe.