DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023
Hoxe o alumnado de 1° de ESO tivo o pracer de participar no acto de celebración das Letras Galegas organizado pola asociación Mesa das Verbas e patrocinado polo Concello de Vilagarcía. Foi a ocasión de representar unha pequena obra de teatro que preparamos arredor da figura de Francisco Fernández del Riego, o homenaxeado deste ano nas Letras Galegas.
Foi xenial compartir o noso traballo co alumnado dos demais centros de primaria e secundaria que participaron e ver tamén o que eles prepararon para amosarnos a nós.
Despois do acto presentouse o cómic "O home que valía por mil", tamén adicado a Don Paco, obra de Antón Mascato e Pepe Carreiro, o autor dos Bolechas, que se parou a explicarnos o seu traballo como deseñador. Iago tivo a sorte de poder aprender a debuxar con el varios personaxes da familia dos Bolechas. Foi unha mañá moi completiña de moita aprendizache e diversión!
Para ampliar/descargar as imaxes preme sobre elasFeliz día das letras a todxs!!!
#DíaDasLetrasGalegas
#FranciscoFernándezDelRiego
#MesaDasVerbas