Skip to Content

DÍA DA PAZ 2022

Versión para impresoraVersión para impresora

Esta actividade que foi presentada no instituto polo alumnado para conmemorar o día da Paz (30 de xaneiro) está centrada nunha canción de Tanxugueiras, “ Figa”, polos valores que reflicte a súa letra, tales como o respecto cara os demais, a necesidade de acabar cos prexuízos e vivir sen xulgar nin meterse na vida de ninguén.
Grazas a esta canción reflexionamos nalgúns grupos da ESO  sobre estes temas e outros directamente ligados a ela: a retranca, o refraneiro galego, os valores sociais da canción, a importancia das redes sociais na difusión da música, a evolución da música tradicional galega e o momento de auxe que está a vivir grazas á aparición de diversos grupos e artistas. Incluso fixeron tradución dalgúns versos da canción a outras linguas. Ademais é unha exaltación  da música tradicional galega, na que difundimos o traballo do grupo “Tanxugueiras”.

Coordinado polo EDLG e polo departamento de Música, que foi o encargado de traballar as cuestións musicais nas súas clases, foi un proxecto multidisciplinar no que participaron máis departamentos. Gracias a esta actividade o alumnado concienciouse do poder que ten a música como linguaxe universal, que é independente do idioma que se utilice, que se emprega para expresar e comunicar e que chega a tódas a s persoas.

Ver album de fotos



story | by Dr. Radut