O pasado venres 27 de outubro, recibimos no instituto a Didier Díaz. Realizou un taller de ECOPERCUSIÓN co alumnado de 4ºESO, 1ºBTO e 2ºBTO que cursan as asignaturas de: música, linguaxe e práctica, análise e artes escénicas. Aprenderon ritmos básicos de batucada e conseguiron soar coma un grupo casi profesional. Bravo por eles e elas!!!
O alumnado de 3ºESO do noso centro tivo a oportunidade de participar no ciclo anual de Concertos Didácticos de Órgano na Igrexa de San Salvador de Celanova promovido polo Concello de Celanova e patrocinado pola Secretaría Xeral de Cultura. A actividade está perfectamente insertada no programa de 3ºESO no que se inclúe historia da música e este instrumento forma parte importantísima da mesma.
Marisol Mendive, profesora de órgano do Conservatorio de Ourense, foi a encargada de impartir este curso que mestura o coñecemento dun órgano histórico coa participación musical dos alumnado que interpretou cos seus propios instrumentos varias pezas musicais acompañados do órgano. Neste vídeo podemos ver un momento da participación do noso alumnado.
Por outra parte, o concello de Celanova invitou a todos os asistentes a realizar un circuito turístico polo concello de Celanova. O noso alumnado tivo oportunidade de facer visitas guiadas sobre os temas seguintes:
Baixa Idade Media (Vilanova dos Infantes)
A devoción mariana en Galicia (A Virxe do Cristal)
Desenvolvemento urbano das vilas galegas (Casco urbano)
Resumo en vídeo das actuacións do festival Athenea des ano académico. Para ampliar o vídeo despois de darlle a "play" fai clic no logo de youtube que aparecerá na esquina inferior dereita do vídeo.
Bibliomalveiras acolleu este mércores 8 de marzo de 2017 esta performance do alumnado de Música e Artes Escénicas a prol da muller e do seu legado en moitos casos menosprezado e case esquecido.
Testemuña desta homenaxe é a árbore chea de follas con reseñas da vida e obra de mulleres extraordinarias que todo o mundo pode ver e consultar en Bibliomalveiras.
Outra das iniciativas deste día foi a colocación nas escaleiras de fotocopias coas vidas de 100 mulleres galegas, unha publicación que a Xunta puxo á disposición de todo o mundo e que é un documento interesante para toda a sociedade galega.
Outra das catividades promovidas por Bibliomalveiras foi a participación de todo o alumnado nun concurso sobre mulleres excelentes en diferentes campos como a ciencia, as artes, a educación, a literatura, etc. O alumnado participou moi activamente no mesmo.
Ademais diso o noso centro educativo sumouse á iniciativa de gardar uns minutos de silencio polas 21 mulleres asasinadas a causa da violencia machista no que vai de ano. Unha alumna do centro leu un comunicado ao que todo o mundo pode expresar o seu acordo asinando nos taboleiros situados na entrada principal do instituto.
Por segunda vez en pouco tempo, o alumnado de Bacharelato Artístico escolleu a Biblioteca escolar como o lugar idóneo para unha fermosa actuación que deixou a todo o mundo sorprendido. Sen queredes podedes ver as performances que xa están no blog de Bibliomalveiras. Neste vídeo podedes ver a actuación do día 2 de decembro.
Por segunda vez en pouco tempo, o alumnado de Bacharelato Artístico escolleu a Biblioteca escolar como o lugar idóneo para unha fermosa actuación que deixou a todo o mundo sorprendido. Sen queredes podedes ver as performances que xa están no blog de Bibliomalveiras. Neste vídeo podedes ver a actuación do día 2 de decembro.
Regueifa: (s.f.) Disputa dialéctica improvisada e en verso, especialmente entre os asistentes a unha voda.
Agora que todo o mundo sabe o que son as regueifas contámosvos a nova: o Caruncho e Pinto de Herbón, sobradamente coñecidos polo seu traballo e polas súas aparicións nos medios (radio, tv, Internet) desenvolveron un obradoiro de regueifas o día 7 de marzo co alumnado de música. Nunha intensa sesión de traballo e guiados pola man maestra dos dous poñentes, os nosos alumnos pasaron da composición de textos en verso e da improvisación ao canto. Neste album de fotos podedes ver en imaxes todo o proceso.
O pasado febreiro un grupo de alumnos e alumnas que cursan música no bacharelato realizaron unha saída moi especial. O destino foi Madrid! Todos e todas durante catro días exploraron a capital e toda a sua oferta cultural.
Puideron disfrutar do Musical El Rei León, a ópera Don José, a visita á Compañía Nacional de Danza, o Museo do Prado, a visita o Palacio Real, o Centro Cultural do Matadero-Madrid, un concerto do violonchelista Lluís Claret na Fundación March, visitar o Teatro Real, ... É dicir unha choiva sensitiva que recordarán para toda a vida.
Aquí tendes un video da master class de Xenia Tartari, profesora de claqué, co alumnado do Bacharelato de Música e Artes Escénicas que tivo lugar o 26 de marzo na aula de música. Esta é a nova no xornal.
Para rematar un mes cheo de actividades musicáis, despois das fabulosas actuacións do Entroido do instituto, os alumnos de 4ºEso e 1ºBto que cursan as optativas de música, xunto cos alumnos de Bacharelato de Artes escénicas, Música e Danza viaxaron ata A Coruña o 27 de febreiro para disfrutar da representación do Lago dos Cisnes de P.I. Tchaikovsky, un ballet estrenado no teatro Bolshoi de Moscú no ano 1858 e que nesta ocasión foi interpretado pola Sinfónica de Galicia e o Centro Coreográfico Galego. Despois do ballet completaron a viaxe visitando a Domus e o Acuario Finisterrae.