O Centro de Formación do Profesorado (CEFORE) de Pontevedra iniciou o curso Estratexias para unha escola inclusiva e a atención á diversidade. Nel participan o xoves 27 de setembro dous profesores do IES Miguel Ángel González Estévez en calidade de relatores: Conchi Pérez e Luís Garrigós. O seu proxecto Marzo sen Fronteiras, que xa recibíu un premio da Unión Europea, é un exemplo práctico de inclusión social de rapaces e rapazas con discapacidades psíquicas. Este é o cartaz co programa deste curso.
Hoxe, 24 de novembro de 2017, o noso centro educativo recibíu unha mención especial polo proxecto MARZO SEN FRONTEIRAS, realizado o curso pasado. O premio foi entregado aos autores do proxecto, Concepción Pérez Alonso e Luís Garrigós Villalba, en Bruxelas no transcurso da European Vocational Skills Week.
Parabéns ao alumnado e ao profesorado do Ciclo Superior e a todos os centros participantes.
(Podes facer clic sobre as imaxes para amplialas)
As imaxes recollen o diploma acreditativo da concesión do mesmo que ven asinado pola Comisaria europea de Emprego, Asuntos Sociais, Habilidades e Mobilidade Laboral, o momento da entrega do premio e aos dous profesores que foron a Bruxelas a recollelo.
Marzo sen fronteiras é un proxecto integrado no que o alumnado do Ciclo Superior de Actividades Físicas e Deportivas ten que configurar as actividades a realizar todos os mércores do mes de marzo con diferentes colectivos de persoas con discapacidade da comarca do Salnés. Están a cargo non só do deseño e preparación das actividades senón tamén da busca de patrocinadores, do deseño dos cartaces, do catering e da monitorización de cada unha das sesións. É un traballo en grupo moi enriquecedor. A finalidade destas actividades é mellorar a calidade de vida destas persoas por medio dunha actividade física lúdica e estimulante.
Sesión de iniciación ao golf para 1* ESO nas instalacions deportivas do IES M. A González Estévez dentro do programa " GOLF NOS COLEXIOS" da Federacion Española de Golf .
O xoves, 15 de outubro, un grupo de 133 alumnos e alumnas de TSAAFD, 4º ESO e 1º Bacharelato do noso centro educativo puido asistir ao torneo de padel “World Padel Tour” nas instalacións de Fexdega.
Na imaxe podemos ver ao grupo de 1º de TSAAFD que o luns 8 de xuño estivo realizando unhas prácticas de iniciación aos deportes de remo, concretamente de traíñas, no club nautico de Cabo de Cruz. Acompañaron ao grupo os seus profesores Conchi Luís e Fernando. Precisamente eles comentáronnos que un dos monitores desta actividade, DANIEL TORRADO que é alumno do ciclo superior este ano.
Dentro do seu proceso formativo, o alumnado do ciclo superior realiza diferentes actividades moi útiles para o seu desenvolvemento profesional. Unha delas é a visita ás instalacións do ecoparque de Marín. Podedes ver aquí algunhas imaxes da xornada.
O alumnado de TSAAFD (Técnico en Animación de Actividades Físico-Deportivas) recibiu un curso de RCP (Reanimación cardiopulmonar) por parte do persoal do Hospital do Salnés, no cadro da súa formación académica. (Para ler a nova, fai clic no xornal)
Xa temos gañadores dos Torneos de Fútbol sala do curso 2012-13.
Fútbol-sala feminino
O equipo campión foi “As loquitas” de 1º ESO B, o equipo subcampeón foi “As Torrente” de 1º A e C e o terceiro clasificado foi “As pouco patosas” de 1ºA.
Esperamos que para o ano que ven vos animedes moitas máis rapazas e podamos facer unha competición con máis equipos. Noraboa as campeonas e vémonos na liga do curso que ven.
Fútbol-sala masculino
Estas son as fotos dos catro equipos que xogaron as finais das dúas ligas de fútbol-sala masculino, unha de 1º, 2º e 3ºESO e outra de 4ºESO e 1º e 2º BACHARELATO. (Clic para ampliar)
A organización do Trofeo quere agradecer de xeito especial a colaboración e a axuda de Aarón Moledo (2ºESO-C) e Darío Domenech (1º TSAAFD) na arbitraxe dos partidos.