O noso ex-alumno Antón Blanco pasou por Bibliomalveiras para responder ás preguntas dun equipo formado por alumnado de 1º de Bacharelato. E así foi como se desenvolveu a presentación do seu libro A oseira, dun xeito dinámico e interesante. Aquí queda o vídeo da presentación para que todas as persoas interesadas que non puideron asistir.
Bibliomalveiras acolleu este mércores 8 de marzo de 2017 esta performance do alumnado de Música e Artes Escénicas a prol da muller e do seu legado en moitos casos menosprezado e case esquecido.
Testemuña desta homenaxe é a árbore chea de follas con reseñas da vida e obra de mulleres extraordinarias que todo o mundo pode ver e consultar en Bibliomalveiras.
Outra das iniciativas deste día foi a colocación nas escaleiras de fotocopias coas vidas de 100 mulleres galegas, unha publicación que a Xunta puxo á disposición de todo o mundo e que é un documento interesante para toda a sociedade galega.
Outra das catividades promovidas por Bibliomalveiras foi a participación de todo o alumnado nun concurso sobre mulleres excelentes en diferentes campos como a ciencia, as artes, a educación, a literatura, etc. O alumnado participou moi activamente no mesmo.
Ademais diso o noso centro educativo sumouse á iniciativa de gardar uns minutos de silencio polas 21 mulleres asasinadas a causa da violencia machista no que vai de ano. Unha alumna do centro leu un comunicado ao que todo o mundo pode expresar o seu acordo asinando nos taboleiros situados na entrada principal do instituto.
Este ano Bibliomalveiras sorprendeunos cunha felicitación de Nadal ben especial chea de bós desexos. Pola súa banda o club de lectura Tira da páxina tamén fixo a súa particular árbore de Nadal cunhas recomendacións de lectura para estas datas.
Por segunda vez en pouco tempo, o alumnado de Bacharelato Artístico escolleu a Biblioteca escolar como o lugar idóneo para unha fermosa actuación que deixou a todo o mundo sorprendido. Sen queredes podedes ver as performances que xa están no blog de Bibliomalveiras. Neste vídeo podedes ver a actuación do día 2 de decembro.
Por segunda vez en pouco tempo, o alumnado de Bacharelato Artístico escolleu a Biblioteca escolar como o lugar idóneo para unha fermosa actuación que deixou a todo o mundo sorprendido. Sen queredes podedes ver as performances que xa están no blog de Bibliomalveiras. Neste vídeo podedes ver a actuación do día 2 de decembro.
Con moita emoción por parte de alumnado e profesorado, presentouse oficialmente o libro O espazo verde do I.E.S Carril, froito do esforzo combinado dun equipo formado por alumnado de 1ºESO do curso 2015-16, profesorado de Bioloxía, profesorado de Artes, dirección do centro e o equipo de biblioteca escolar. Son cincuenta páxinas destinadas sobre todo á utilización académica nas aulas de bioloxía pero tamén historia viva do noso centro educativo que toda persoa interesada pode consultar. Os asistentes ao acto de presentación puideron escoitar a algúns membros do equipo explicando en que consistíu a súa aportación. Para finalizar, os asistentes recitaron todos xuntos o himno á árbore e un poema de Cabanillas O carballo que aparece no poemario Da terra asoballada (Vilagarcía de Arousa, 1917).
Podedes atopar un exemplar de O espazo verde do I.E.S Carril en PDF listo para ler e/ou imprimir premendo na portada do libro ou no menú lateral publicacións. Premendo nos xornais podedes ler a nova na prensa de hoxe:
O mércores día 15 de abril tivo lugar na Biblioteca do centro a presentación do libro “AROUSA MEDIEVAL E ROMÁNICA”, obra recentemente publicada e que recolle os traballos dos distintos relatores que participaron no Simposio Arousa Medieval y Románica, celebrado en Vilagarcía no pasado mes de maio.
A presentación correu a cargo do director do Simposio e responsable da edición da obra, Augusto Guedes de Castro, antigo profesor e director do IES Miguel A. González Estévez. Asimesmo, Alicia Padín Buceta, investigadora do patrimonio medieval de Vilagarcía e antiga alumna do centro, realizou unha interesante exposición de carácter divulgativo sobre a arquitectura románica no concello vilagarcián. O seu percorrido centrouse fundamentalmente nas igrexas de S. Martín de Sobrán e S. Pedro de Fontecarmoa, dúas xoias do noso Patrimonio probablemente descoñecidas para moitos dos nosos alumnos, para os que seguro supuxo un descubremento coñecer o seu alto valor artístico e histórico. O acto estivo dirixido a todo o alumnado de 2º Bacharelato. Ao remate do mesmo foron sorteados entre os alumnos tres exemplares do libro.