Do 11 ao 17 de febreiro o departamento de orientación en colaboración coa policía local vai desenvolver unhas charlas sobre Educación Viaria destinadas sobre todo a alumnado da ESO e de Bacharelato. Os temas a tratar son:
1ºESO: “Normas e sinais. Circulación por vías interurbanas”
2ºESO: “Accidentes: causas, consecuencias, elementos de seguridade.”
3ºESO: “Condución responsable do ciclomotor.”
4ºESO: “Xoves, alcohol e tráfico”
1ºBAC: Os medicamentos tamén poden afectar a la capacidade para conducir.
2ºBAC: Drogas e condución, incompatibles.
1ºCS: O alcohol e a condución.
2ºCS: Os accidentes de tráfico: causas, consecuencias, elementos de seguridade.