Organizado polos departamentos de Ciencias Sociais e de Lingua Galega e Literatura, o xoves, día 8 de novembro, o alumnado de 4º da ESO realizou unha viaxe a Compostela para facer unha visita guiada á exposición “Galicia máxica”, centrada na figura de Castelao e no impresionante cadro “ A derradeira lección do mestre”, traído dende Arxentina e que se coñece como “O Guernica galego”.
Na mesma xornada realizamos unha interesante e didáctica visita ao Parlamento de Galicia onde, alén de explicarnos o funcionamento deste organismo e de visitarmos as súas instalacións, tivemos a oportunidade de protagonizar unha sesión parlamentaria sobre un tema relacionado coa educación.
Dúas actividades moi interesantes, nunha mañá intensa de moito temporal, na que non tivemos nin un mínimo descanso, pero que pensamos mereceu a pena.