A campaña #aquítaménsefala nacía con grande éxito no curso 22-23 como unha iniciativa estudiantil do IES Rafael Dieste para promocionar o uso do galego no ámbito comercial e empresarial e rachar os prexuízos que perviven sobre o idioma. No arranque deste curso a equipa promotora da Coruña compartía xenerosamente a iniciativa, que chegou a máis de 200 centros de ensino de Galicia e do Bierzo e 50.000 locais comerciais e empresas.
O EDLG e o Dpto. de Lingua Galega sumaron o IES Nº 1 nas vésperas de Nadal co pulo do alumnado de 3º e 4º ESO, que logrou o apoio de máis de 110 establecementos comerciais e hosteleiros, autónomos e empresas da vila da Estrada e as parroquias a esta mensaxe empoderadora. A campaña foise transmitindo de boca a orella, gañou espazo nos escaparates e nas rúas e difundiuse nas nosas redes sociais cos cancelos #aquítaménsefala #aquítaménsefalagalego e #naEstradataménsefala (no FB e no IG). A prensa local fíxose eco e tamén pasamos pola radio do Proxecto Neo do IES Perdouro de Burela, que entrevistaron a Pedro Souto Riveira e a Brais Tato Mejuto, dous superdinamizadores lingüísticos que volveron falar para o MillaFALAdoiro (IES do Milladoiro). E aló por febreiro, chegou o vídeo das Tanxugueiras para toda Galicia grazas a Sara Espiño Vaamonde.
Neste último estalo do #naEstradataménsefala só nos resta agradecer a grande acollida que lle deu o sector comercial e empresarial estradense ao alumnado do IES Nº 1 e o seu apoio a esta campaña tan poderosa de promoción da lingua galega. Moitas grazas a...
Cafetería da Rosa IES Nº 1, Copistería O Copión, Librería Durán, Confeccións Loigar, Copistrada, A Tenda de Lolita e Carmiña, Sputnik, Peluquería Susana Rivas (Codeseda), Peluquería Maru (O Souto de Vea), Barbería Carlos Conde, Catro Elefantes, Pastelería Mimela, Ximnasio Absolute, Cervexería Eureka, Pastelería Petiscos, Carpintería Estelar, Armería Estradense, Lambetadas Arco da Vella, Libraría Marxe, Papelería Carlin, EMECÉ Fotógrafos, Electrodomésticos EDELEC, Complementos Breza, Taberna A Riala, Exprés de Vea, Mercería Fiandeira, Explotacións Porcinas Tato, Confeccións Dana, Froitería Castelao, Agrobotica, Asesoría Fiscal Élegal, Rexistro Civil da Estrada, Aurora Sport, Lugardelvino Viñoteca, Escola Infantil Undoustres, Entroido de Couso, Farmacia Dolores Giráldez, Libraría Lolimay, Cafetería Oasis, Agrícola Vea, Panadería San Andrés de Vea, Cátering Valenciaga, Avícola Gema, Tanxugueiras, Velis Nolis Bistro, Floristería Arte Novo, Byana, Bar Malo Será, Carnicería Mosquera, Peluquería Santos de Codeseda, RM Autos, Engade Solucións, Jestivi Maquinaria, Tintorería Punto Elegante, Asesoría Porto, Recambios Europa, A Esquina de César, Mercería Fondevila, Calzados Shoes, Casal de Creación, Dona Formiguinha, Minicines A Estrada, Carnicería Pequeno (Pontevea), Phone House, Óptica Nova Visión, Correduría de Seguros Sueiro, Simply Travel, Industrias J. Cerviño (Couso), Start Motor, Electrodomésticos Rey, Marque Cycling, Cafetería Alameda, O Candil de Silvia, Francisco Javier albanelería -ARTS, Federópticos Fondevila, Carnicería Silva, Arte nas túas Mans, Peluquería Rivadulla, Veterinaria O Canciño, Estanco López, Biomedic, Casa Verdura (Montillón), Talleres Picallo (Codeseda), Nudima de Madera, Super Couto (Berres), Beep Informática, Labralia (Arnois), Código Digital, Farmacia Alexandra Couto Botana (O Foxo), Súper Guillermo Moure (O Foxo), Peluquería-Estética Pibone, Habita Inmobiliaria Helvetia Seguros, Farmacia Baiuca, Andújar Cía, Amaños Roupa e Mercería, Mobles El Zar, Ferrokey, APACAF (Asoc. de Pais de Persoas con Trastrorno do Espectro Autista de Centros de Apoio Familiar), Artesanía Ferradáns (Berres), Farmacia Losada Campa, Carnicería Codesido, XGAP Adestramento, Escola Música de Barbude, Anacos Educativos, Peluquería Ana, Beatriz Brea (Explotación Agraria en Curantes Novo), Libraría Lolimay, Farmacia Dolores Giráldez, Agrícola Vea, Panadería san Andrés de Vea, Cátering Valenciaga, Alimentación O Reguengo (Codeseda), Montse Torres (masaxista terapéutica e deportiva), Biofruit Galicia, Rosa de Cabanas.