O próximo martes 21 de maio o alumnado de 4º ESO manterá un encontro con Carlos Negro, autora do poemario Aplicación instantánea (2018), Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil. Esta obra, xunto con outros poemas do autor que teñen como destinatario principal, que non único, o público adolescente, "conecta de modo inmediato co sistema operativo das súas emocións", tal e como se sinala na presentación editorial do libro.
Mozo, moza: "Se decides descargar este programa no teu menú de lecturas, terás acceso ilimitado ao universo afectivo de catro avatares que entran na vida co furor da irreverencia: contra a orde exacta dos armarios, contra o balbordo das atraccións de feira, contra o monocultivo cerebral dos eucaliptos, contra a ferruxe dos discursos que ignoran o movemento das dunas"
Esta actividade está organizada polo Departamento de Lingua Galega e desenvólvese no marco do Programa Encontros Literarios que convoca o Ministerio de Cultura y Deporte y la Dirección General del Libro, del Cómic y de la Lectura, en concreto, dentro das actuacións do marco do Plan de Fomento da Lectura 2021-2024.
Ademais, forma parte dos actos culturais do Día das Letras Galegas 2024 que coordinan a Biblioteca e o EDLG do noso centro.
- A propósito de Aplicación instantánea, reseña da obra por Xosé Manuel Eyré.
- Conta no IG do libro.