O pasado 4 de decembro o alumnado de 1º ESO participou nun obradoiro de creación literaria impartido por Raquel Queizás, contadora de historias, actriz, titiriteira e filóloga que se achegou ao noso centro grazas a un proxecto impulsado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) en colaboración coa Deputación e co noso Departamento de Lingua Galega.
Raquel Queizás mergullounos neste mundo distópico creado por Antía Yáñez na súa novela Be water (Cuarto de Inverno, 2019) a través de diversas dinámicas nas que os rapaces e as rapazas representaron os diferententes estamentos dunha sociedade moi desigual e patriarcal dun mundo futuro, ou xa presente?, no que a escaseza de recursos naturais, como a auga, cuxo control dá o poder aos poderosos.