O "Grândola, vila morena" do Zeca Afonso e o vermello dos caraveis encheron as aulas e os corredores do instituto da man do alumnado de Lingua Portuguesa, que a través da fotografía, dos textos, das músicas e dos documentais se achegou desde unha perspectiva histórica, cultural, lingüística e plástica á Revolución dos Cravos, que hai 49 anos, nun día coma o de hoxe, libertou Portugal da Ditadura de Salazar.
Ademais, tivemos a oportunidade de contar coa exposición "Os cartazes do 25 de abril", comisariada pola historiadora da arte Alba R. Silgo, grazas à Associaçom José Afonso Galiza, á que lle estamos moi agradecidos. Quen non a viu, pode achegarse ao Instituto Camões de Vigo, onde estará exposta ata o 31 de maio.
25 de abril, sempre!