Hoxe, martes 6 de febreiro, tivemos a fortuna de recibir na Biblioteca a escritora Berta Dávila.
A autora mantivo un encontro co alumnado de 3º de ESO para falar do seu libro Un elefante na sala de estar, que leran no primeiro trimestre, e mais co alumnado do Club de Lectura de 3º e 4º ESO, que leu a novela gráfica O derradeiro libro de Emma Olsen, adaptado e ilustrado por Pablo padro a partir da novela homónima da escritora.
Brais, Noemi e Carla foron os encargados de conducir o coloquio, achegando unhas breves notas biobibliográficas da autora e introducindo as primeiras preguntas.
Berta desvelounos algunhas das claves do proceso de escrita desta obra en que, a través de voces múltiples, se nos fala da morte, da dor, do estigma social, pero sobre todo, da supervivencia. Comentou a importancia de construírmos un pensamento propio, mesmo sobre temas tabú, como o da saúde mental, e defendeu a idea dun lector/a activo, que non procura que llo expliquen todo.
Agradecemos a Berta que compartise con nós as súas profundas reflexións sobre este tema, porque o suicidio é unha das causas de morte non natural máis frecuentes entre a poboación moza, e porque a sociedade non pode seguir calada.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Cartaz | 502.84 KB |
Presentación_Berta_Dávila.pdf | 882.99 KB |